domingo, 1 de junio de 2014

UN MUNDO Ó REVÉS

Proposta para debatir despois da lectura do texto: 


  1. Que transmite o texto, que temática se está a tratar. 
  2. Como te sentiches? Alguén se sentiu ofendida ou ofendido?...
  3. Análise dos feitos. Se a situación fose ó revés, chamaría a atención? 
  4. Cres que é unha situación habitual?
  5. En que momentos cres que se discriminaba a Bernardo?


Bernardo: Veño polo do anuncio, señora
Xefa de Persoal: Ben. Séntese. ¿Como se chama vostede?
B: Bernardo
X.P: ¿Señor ou señorito?
B: Señor
X.P: Dígame o seu nome completo
B: Bernardo Delgado, señor de Pérez
X.P: Debo dicirlle, señor de Pérez que, actualmente á nosa dirección non lle gusta empregar varóns casados. No departamento da señora Moreno, para o cal nos contratamos ó persoal, hai varias persoas de baixa por paternidade. É lexítimo que as parellas xoves desexen ter fillos (a nosa empresa, que fabrica roupa de bebé, anímaos a ter fillos), pero o absentismo dos futuros pais e dos pais máis novos constitúe un duro golpe para a marcha do negocio.
B: Compréndoo, señora, pero xa temos dous fillos e non quero máis. Ademais (o señor Pérez ruborízase e fala en voz baixa) tomo a píldora.
X.P: Ben, nese caso sigamos. ¿Que estudios ten?
B: Teño o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e un ciclo formativo de grao medio de Administrativo. Houbérame gustado facer unha carreira universitaria pero na casa éramos catro e os meus pais deron prioridade ás rapazas, o que é moi normal. Teño unha irmá coronela e outra mecánica.
X.P: ¿En que traballou ultimamente?
B: Basicamente fixen substitucións, xa que me permitía ocuparme dos nenos mentres eran pequenos.
X.P: ¿Qué profesión desempeña a súa esposa?
B: É a xefa de obras nunha empresa de construccións metálicas. Pero está a estudiar enxeñería, xa que no futuro terá que substituír á súa nai, que é a que creou o negocio.
X.P: Volvendo a vostede, cales son as súas pretensións?
B: Pois...
X.P: Evidentemente cun posto de traballo como o da súa muller e coas súas perspectivas de futuro, vostede desexará un soldo de complemento. Uns cantos euros para gastos persoais, como todo varón desexa ter, para os seus caprichos, seus traxes. Ofrecémoslle 250 euros para empezar, unha paga extra e unha prima de asiduidade. Fíxese neste punto, señor de Pérez. A asiduidade é absolutamente indispensable en tódolos postos. Foi necesario que a nosa directora crease esta prima para animar ó persoal a non faltar por bobadas. Acadamos diminuí-lo absentismo masculino á metade, sen embargo, hai señores que faltas con pretexto de que un fillos lles tuse ou que hai unha folga na escola. Cantos anos teñen os seus fillos?
B: A rapaza seis e o rapaz catro. Os dous van a clase e recólloos pola tarde cando saio do traballo, antes de facer a compra.
X.P: E se se poñen enfermos, ten vostede algo previsto?
B: O seu avó pode coidalos. Vive preto da nosa casa.
X.P: Moi ben, gracias señor de Pérez. Xa lle comunicarémos a nosa resposta dentro duns días.
Narrador: O señor de Pérez saíu da oficina cheo de esperanza. A xefa de persoal fixouse nel ó marchar. Tiña as pernas curtas, o lombo un pouco encurvado e case tiña pelo. “A señor Moreno detesta os calvos”, lembrou a responsable de contratación. E, ademais, dixéralle, “Máis ben alto, louro, con boa presencia e solteiro”. E a señora Moreno será a directora da empresa o vindeiro ano.
Bernardo Delgado, señor de Pérez, recibiu tres días máis tarde unha carta que empezaba dicindo: “Lamentamos comunicarlle...”


No hay comentarios: