domingo, 1 de junio de 2014

Xogos de misterio para resolver en grupo: QUEN É QUEN

Cada un dos oito homes que aquí aparecen teñen un apelido que é o mesmo nome dunha cidade. Cada un dos homes naceu nunha destas 8 cidades e cada un deles viven nunha desas 8 cidades. Ningún dos homes ten o mesmo nome que a cidade en que está a vivir ou a cidade na que naceu. DATOS sobre os homes. 1. O Sr. Barcelona vive en Valencia 2. O home que naceu en Cuenca vive na Coruña 3. O Sr. Zaragoza naceu en Barcelona 4. O Sr. Bilbao vive en Sevilla 5. O home que naceu en Oviedo vive en Cuenca 6. O Sr. A Coruña naceu en Sevilla 7. O Sr. Valencia vive en Zaragoza 8. O home que vive en Oviedo naceu en Bilbao. PREGUNTAS: Cos datos anteriores podes dicir Quen naceu en Valencia Onde vive o Sr. A Coruña Quen vive en Oviedo

No hay comentarios: