domingo, 1 de junio de 2014

XOGOS DE MISTERIO PARA RESOLVER EN GRUPO: NO CIRCO

Catro rapaces foron xuntos ao circo. Cada un deles prefire unha actuación distinta e durante o descanso cada un toma unha bebida diferente. Ademais, a cada un doulle o seu ticket de entrada unha persoa distinta. DATOS 1. Xosé bebe limoada 2. O rapaz que recibiu a entrada do seu tío, bebe zume de mazá 3. O rapaz que prefire a actuación dos tigres está sentado no extremo esquerdo 4. O rapaz que foi ao circo 7 veces está sentado inmediatamente á esquerda do rapaz que recibiu a entrada do seu pai 5. O rapaz a quen lle deu a entrada a súa avoa NON está no extremo esquerdo 6. o rapaz a quen lle gustan os paiasos está sentado inmediatamente á esquerda do que prefire aos trapecistas 7. Francisco está non extremo da dereita 8. O rapaz que bebe café foi ao circo 6 veces 9. A Xoan doulle a entrada o seu pai 10. O rapaz de bebe zumo de mazá está á esquerda do rapaz que foi ao circo 4 veces 11. Pedro é o que prefire os paiasos 12. O rapaz que bebe coca-cola recibiu a entrada do seu pai PREGUNTAS Quen é o rapaz que recibiu a entrada do seu avó? Que bebeu o rapaz cuxa actuación favorita é a do domador de elefantes? Quen deu a entrada ao rapaz que foi ao circo 5 veces?

No hay comentarios: