domingo, 1 de junio de 2014

XOGOS DE MISTERIO PARA RESOLVER EN GRUPO: OS BEATLES

Catro rapazas que teñen distintos traballos van xuntas ao cine para ver unha película dos Beatles. Cada unha delas ten como favorito a un dos Beatles, e cada unha practica un deporte distinto. Nembargantes, reúnense periódicamente para formar un conxunto musical xa que cada unha delas toca un instrumento diferente. DATOS 1. A perruqueira prefire a George Harrison 2. Xoana practica a ximnasia 3. A rapaza que xoga ao tenis está sentada ao lado daquela cuxo favorito é Ringo Star 4. A niñeira está sentada a segunda a partir da esquerda 5. A xogadora de balomán está sentada ao lada da rapaza cuxo favorito é Paul McCartney 6. A guitarrista está á esquerda da que toca o saxofón 7. Mónica está sentada á esquerda de Ana 8. A nadadora está sentada á esquerda da que toca o clarinete 9. Bárbara é secretaria 10. A telefonista está sentada á dereita da secretaria PREGUNTAS Cal é o nome da rapaza cuxo favorito é John Lenon En que traballa a rapaza que toca o piano

No hay comentarios: