jueves, 5 de junio de 2014

Xornada de Portas Abertas no IES Miraflores para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

Mañá faremos unha xornada de portas abertas para o alumnado que o vindeiro curso estará en 1º da ESO no IES Miraflores.

Deixámosvos nesta entrada unhas pinceladas do que os alumnos que agora rematan 1º da ESO ós van contar:


 QUE É A E.S.O.?

    A E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que ven despois da Educación Primaria.

    Consta de catro cursos:

 1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos
 2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos
 3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos. (Entrada da Reforma para a vosa promoción)
 4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos

Para pasar dun curso a outro deberás aprobar todas as materias. As que teñas suspensas en xuño deberás de intentar recuperalas no mes de setembro. Se despois desta convocatoria extraordinaria suspendes 1 ou 2 materias podes promocionar de curso pero terás que recuperalas mentras fas o seguinte curso. 


Se ao rematar o curso o alumno non está en situación de promocionar (porque suspende 3 ou máis materias) deberá repetir curso. Esta repetición só se pode facer unha vez en cada curso, e en total, 2 veces en toda a etapa de ESO. Pero pódese repetir calqueira curso de ESO: 1º, 2º, 3º ou 4º. 


MATERIAS QUE IDES CURSAR

Na ESO o número de horas de clase é un pouco máis elevado que na Primaria. En total vas ter 32 sesións á semán. Cada sesión (clase) dura 50 minutos.

As materias do 1º curso son:

*Lingua Galega e Literatura. 
*Lingua Castelá e Literatura
*1ª Lingua Estraxeira (Francés ou Inglés) 
*Matemáticas 
*Ciencias Naturais 
*Ciencias Sociais 
*Educación Física 
*Educación Plástica e Visual (3 s. s. só en 1º)
*Segunda Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés, segundo a que escolleras como primeira)
*Proxecto Interdisciplinar
*Relixión/Atención Educativa/historia das relixións. 
*Titoría


Na folla de matrícula terás que escoller as seguintes opcións: 

  • Lingua que queres escollar como "Primeira Opción": Francés ou Inglés.  
  • Relixión/Atención Educativa/Historia das Relixións (Esta opción podes cambiala cada vez que cambies de curso).
Algúns alumnos non terán 2ª Lingua Extranxeira pero non o decidirán eles senón o Equipo de Profesores e o Departamento de Orientación. 


Cada trimeste levarás a casa un "boletín de notas" e as cualificacións de cada matería estarán expresadas de xeito numérico (Do 1 ao 10).

A asistencia ás clases é obligatoria polo que, cando faltes, deberás de xustificar a túa falta. Podes recoller en conserxería o modelo de folla de xustificación. 

Todos os días entramos ás 8:30 e saímos ás 14:10. Nese tramo de tempo terás 6 materias con profes diferentes e dous recreos de 20 minutos cada un. Os vosos compañeiros xa vos explicaron que actividades podedes facer nese tempo. Persoalmente vos recomendaría que visitásedes a Biblioteca de cando en vez. Deíxovos un enlace ao seu blog para que vexades que cousas tan interensantes están a facer. 





No hay comentarios: