martes, 30 de septiembre de 2014

Tras o teatro atopamos segredos increíbles.

Tivo que pasar moito tempo para que fose admitida a correlación entre a creatividade e a intelixencia. Na actualidade, é recoñecido que a creatividade se concreta na aplicación da intelixencia a un campo determinado. Fomentar a creatividade nos nosos fillos/as é unha vía fundamental para favorecer o seu desenvolvemento xeral. Por ese motivo quero darvos a coñecer unha alternativa que xurde en Oleiros. Chámase TRAS-TEATRO: Escolar de creatividade en acción. Aínda que organizan actividades para todas as edades, pareceume moi interesante a proposta plantexada para os nosos adolescentes: traballar aspectos como a empatía, a asertividade, a capacidade xeral de comunicación, aprender a rirse dun mesmo ou o "fracaso en positivo", son algúns dos retos que se prantexan lograr a través do teatro e as súas técnicas. 
No seguinte enlace podedes descargar máis información: 


Rúa do Sendeiro, 3. Oleiros
www.trasteatro.es
info@trateatro.es
Tlfn: 981638569

lunes, 29 de septiembre de 2014

RESUMO ACTUACIÓNS CON ALUMNADO CON TDAH

Recentemente a Xunta publicou un Protocolo de consenso sobre TDAH na 
infancia e na adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario.
Trátase dun material ao que podedes acceder na propia páxina da Consellería 
de Educación. Dada a extensión do documento, pero entendendo que as
pautas que ofrece pódennos servir para o manexo da conduta do alumnado 
en xeral e  non so dos alumnos diagnosticados de TDAH, o Departamento 
de Orientación elaborou o seu propio documento, no que se recollen algunhas 
das pautas máis salientables do Protocolo e que podedes descargar no seguinte 
enlace. 

https://drive.google.com/file/d/0ByAVDF3T9WOZM1psQ3dncC1ma0E/edit?usp=sharing


lunes, 1 de septiembre de 2014

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2014/2015

Ata o 30 de setembro está aberta a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Poderánse solicitar axudas para alumnado que teña necesidades educativas asociadas a discapacidade, a trastornos graves de conducta, TDAH e altas capacidades. 

As axudas son para diversos conceptos tales como transporte, comedor, materiais, programas de reeducación pedagóxica ou da linguaxe, etc. Tedes toda a información no seguinte enlace: 


Se logo de revisar os requisitos considerades solicitar a axuda podedes contactar co Departamento de Orientación, o antes posible, para solicitar o informe. 


Convocatoria de "BECAS GENERALES 2014-2015"

Está aberta a convocatoria xeral de becas do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

Para o alumnado que estades en niveis non universitario, podedes informarvos sobre requisitos, cuantías e outros aspectos de interese no seguinte enlace.  Rematará o prazo o 30 de setembro.

 http://www.mecd.gob.es/microsites/educacion/becas/2014/estudios-no-universit

Para o alumnado do Miraflores que empezades a vosa andadura no mundo universitario, recordade que tedes ata o 15 de outubro para solicitar estas axudas. Podedes obter máis información no seguinte enlace:

http://www.mecd.gob.es/microsites/educacion/becas/2014/estudios-universitarios.html