martes, 14 de octubre de 2014

Concurso: Como te imaxinas que a tecnoloxía transformará Galicia no futuro?

Se tes entre 14 e 18 anos pon a túa imaxinación en marcha e axúdanos a ver Galicia a través das novas tecnoloxías!

  • Que tes que facer? Grava un vídeo de 3 minutos de duración máxima onde nos mostres como te imaxinas o futuro a través da tecnoloxía.
  • Cando? O prazo de presentación das curtas estará aberto desde o 15 de setembro ata o 30 de outubro de 2014. 
  • Por que? Formarás parte da elaboración da nova Axenda Dixital – Horizonte 2020 e ademais se resultas un dos gañadores recibirás unha tableta. Os vídeos serán publicados nas redes sociais da Amtega onde poderáa elexir os teus favoritos.


No hay comentarios: