jueves, 27 de noviembre de 2014

Xornadas de portas abertas no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza novas xornadas de portas abertas para aqueles alumnos/as e as súas familias que queiran estudar dirección hoteleira ou xestión en cociña no curso 2015-16. Se estás interesado en participar nesta actividade pasa polo Departamento de Orientación para que confirmemos a túa visita. 
As datas nas que podes participar son as seguintes: 
 
• Novembro: Sábado, 15. 11 horas
• Decembro: Sábado, 13. 11 horas
• Xaneiro: Sábado, 17. 11 horas
• Febreiro: Sábado, 7. 11 horas
• Marzo: Xoves 5, 11:30 horas; sábado, 14. 11 horas e xoves 19, 11:30 horas
• Abril: Xoves 9, 11:30 horas; sábado, 18. 11 horas e xoves 23, 11:30 horas
• Maio: Mércores 13, 11:30 horas e sábado 23. 11 horas
• Xuño: Venres 12, 11:30 horas; sábado 20. 11 horas e venres 26, 11:30 horas
• Xullo: Xoves 2, 11:30 horas, sábado, 11. 11 horas e venres 10, 11:30 horas
 
programa dos sábados será o seguinte (media hora máis tarde en días de semana)
 
10h50. Recibimento das familias na Recepción do edificio de Aulas de Teoría. 
 
11h00.-12h30. Inicio da visita. O itinerario pasa polas aulas teóricas e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aulas de restaurante á carta e buffet, aula de Recepción e Aloxamento e a Residencia. 
 
12h30. Explicación de prezos, bolsas, probas de acceso, matrícula... E responderanse a todas as preguntas que as familias consideren necesarias facer. 
 
O oxbectivo desta xornada de portas abertas é que o interesado e a súa familia teñan toda a información sobre o que é o CSHG, onde ven a estudar e que profesional será se estuda calquera das titulacións
 

martes, 18 de noviembre de 2014

Información da Escola Universitaria de Turismo (adscrita á Universidade da Coruña) Centro Español de Nuevas Profesiones


Nos enlaces podedes descargar a información relativa a Oferta educativa e Plans de Estudos das carreiras que se ofrecen no Centro Español de Nuevas Profesións-Escola Universitaria de Turismo:


Ademáis, se vos interesa coñecer as notas de corte destos estudos podedes consultalas no seguinte enlace, dentro do apartado da Universidade de A Coruña.   






ORIENTACIÓN ACADÉMICA 2º BACH: FERIA UNITOUR

O día 17 de Decembro en Palexco realizarase a 9ª edición da Feira Unitour- Coruña. Alí poderedes atopar representación de máis de 30 Universidades públicas e privadas (Santiago de Compostela, A Coruña, Salamanca, Oviedo, Navarra, etc). O persoal de cada Universidade pode ofrecervos orientación e información sobre diversos graos e outras cuestións necesarias para iniciar a vida universitaria. 

Todos os cursos realizamos unha saída dende o centro para visitar esta feira pero este curso coincide coas Xornadas de Orientación de Oleiros nas que participamos todos os centros educativos. É recomendable que todos os alumnos de 2º de Bacharelato asistan a esta actividade xa que explicarase a Selectividade, proporcionarase información sobre a Formación Profesional de Grao Superior e, o máis importante, terán a oportunidade de participar en mesas redondas con profesores universitarios de diversos graos. 

En todo caso, a visita a Unitour pode realizarse en horario de tarde (de 15:30 a 17:30). A entrada é gratuíta. O alumnado pode ir por libre ou ben acompañado da súa familia.