martes, 18 de noviembre de 2014

ORIENTACIÓN ACADÉMICA 2º BACH: FERIA UNITOUR

O día 17 de Decembro en Palexco realizarase a 9ª edición da Feira Unitour- Coruña. Alí poderedes atopar representación de máis de 30 Universidades públicas e privadas (Santiago de Compostela, A Coruña, Salamanca, Oviedo, Navarra, etc). O persoal de cada Universidade pode ofrecervos orientación e información sobre diversos graos e outras cuestións necesarias para iniciar a vida universitaria. 

Todos os cursos realizamos unha saída dende o centro para visitar esta feira pero este curso coincide coas Xornadas de Orientación de Oleiros nas que participamos todos os centros educativos. É recomendable que todos os alumnos de 2º de Bacharelato asistan a esta actividade xa que explicarase a Selectividade, proporcionarase información sobre a Formación Profesional de Grao Superior e, o máis importante, terán a oportunidade de participar en mesas redondas con profesores universitarios de diversos graos. 

En todo caso, a visita a Unitour pode realizarse en horario de tarde (de 15:30 a 17:30). A entrada é gratuíta. O alumnado pode ir por libre ou ben acompañado da súa familia. 


No hay comentarios: