miércoles, 10 de diciembre de 2014

Próximas actividades Extraescolares e Complementarias

O vindeiro 17 de decembro, mércores,  acudiremos co alumnado de 2º de Bacharelato ao Auditorio da Fabrica. Participaremos nas Xornadas de Orientación Académico-Profesional  que este ano incluirán os contidos que se relatan a continuación:


  • Formación Profesional de Grao Superior e Ensinanzas de Réxime Especial. 
  • Selectividade e outras cuestións relativas ao Acceso á Universidade. 
  • Mesas Redondas dos seguintes ámbitos: Enxeñería e Arquitectura; Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias e Ciencias da Saúde
O xoves 18, as Xornadas serán para alumnado de 4º da ESO. Os temas a tratar serán o novo Bacharelato, a Formación Profesional de Grao Medio, as Ensinanzas de Réxime Especial e a incorporación ao mundo laboral.

No hay comentarios: