martes, 7 de abril de 2015

Recordatorio Xornadas de portas abertas na Escola Superior de Hostelería

Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza novas xornadas de portas abertas para o curso 2015-16Este xoves, día 9, terá lugar a próxima. Si algún de vós estades interesados en participar, só ten que chamar ao 981 54 25 19 ou enviar un e-mail confirmando a súa asistencia e a da súa familia a info@cshg.es. Se quere facer as probas de acceso para estudar no Centro, xa pode inscribirse no formulario de preinscrición.
 
As datas doutras xornadas de portas abertas son:
 
• Abril: sábado, 18 (11 horas) e xoves 23 (11:30 horas)
• Maio: Mércores 13 (11:30 horas) e sábado 23 (11 horas)
• Xuño: Venres 12 (11:30 horas); sábado 20 (11 horas) e venres 26 (11:30 horas)
• Xullo: Xoves  2 (11:30 horas); sábado, 11 (11 horas) e venres 10 (11:30 horas)
 
Este é o programa da xornada de portas abertas dun sábado (os días de semana o horario é media hora máis tarde)
 
10h50. Recibimento das familias na Recepción do edificio de Aulas de Teoría. É o primeiro á esquerda cando entre no campus. 
 
11h00.-12h30. Inicio da visita. O itinerario pasa polas aulas de teoría e de idiomas, biblioteca, aulas de cata e cociña demostración, aulas de restaurante á carta e buffet, aula de Recepción e a Residencia.  
 
12h30. Explicación de prezos, bolsas, probas de acceso, matrícula....E responderanse a todas as preguntas que as familias consideren preciso.  
 

No hay comentarios: