lunes, 11 de mayo de 2015

A Educación de Adultos

Se tes 18 anos e non remataches os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria ou Bacharelato, podes facelo a través das ensinanzas para persoas adultas. No seguinte enlace podes atopar todas as ensinanzas que se poden realizar na actualidade en Galiza.

EDUCACIÓN DE ADULTOS

Con 16 anos, tamén poderías cursar ensinanzas de adultos sempre que esteas en posesión dun contrato laboral ou teñas unhas circunstancias excepcionais que te impidan seguir o réxime ordinario.

No seguinte enlace podes atopar unha listaxe de centros que ofertan estudos para adultos.

OFERTA ADULTOS

Se queres informarte mellor sobre as características destas ensinanzas en cada unha das etapas, recoméndoche que visites a páxina do Departamento de Orientación do EPA Eduardo Pondal de A Coruña.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDUARDO PONDAL 

Tamén pode ser interesante que visites a páxina do IES San Clemente xa que dende fai tempo ofrecen moitas ensinanzas a distancia, incluso formación profesional. Dispoñen dunha plataforma telemática que pon a disposición do alumnado unha formación on line con titorias telefónicas e telemáticas para obter diferentes titulacións.

IES SAN CLEMENTE 

No hay comentarios: