viernes, 5 de junio de 2015

Benvidos ao instituto!!!

Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de E.P. do CEIP A RABADEIRA así como a un pequeno grupo do CEIP Valle Inclán, así que antes de nada dende o IES Miraflores queremos darvos a BENVIDA e moitos parabens porque comeza unha nova etapa nas vosas vidas.

O PASO Á ESO:
   
 A E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que ven despois da Educación Primaria.

    Consta de catro cursos:

1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos
2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos
3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos
4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos

Seguro que escoitástedes falar de que a Reforma educativa entra o curso 2015/2016 en 1º da ESO. Por ese motivo a información que vos podemos proporcionar é a que nos consta no centro pero podería haber algunhas pequenas variacións. En todo caso ten en conta o seguinte que na ESO o número de horas de clase é un pouco máis elevado que na Primaria: 32 sesións á semá; cada unha de 50 minutos. Eso implicará que terás que vir, ademáis de todas as mañás unha tarde cun par de sesións. 

Se te apetece, ese día, poderás quedarte a comer e disfrutar das actividades que organiza a Asociación de Nais e Pais de Alumnos.  

As MATERIAS que cursarás durante o primeiro ano son:   
      *Lingua Galega : 4 horas 
*Lingua Castela : 4 horas
*1ª Lingua Estraxeira: 3 horas           
*Matemáticas: 5 horas                       
*Bioloxía/xeo: 4 horas                 
*Xeografía e historia: 3 horas
*Educación Física: 2 horas 
*Educación Plástica e visual : 2 horas 
*Segunda Lingua Extranxeira: 2 horas
*Titoría: 1 hora 
*Relixión/Valores Éticos: 1 hora
*Matería Libre configuación do centro: 1 hora.                                 

Unhas das novidades máis importantes en Secundaria é que terás que estudar a 2ª Lingua Estraxeira. Só alguns alumnos/as poderán recibir Reforzo Educativo, se o seu Equipo Educativo así o estima convinte e sempre que haxa motivos xustificados.   

Coma na Educación Primaria terás un profes@ tit@r que impartirá unha das materias. A diferencia será que terás unha hora directa de titoría para evaluar a túa marcha académica, solventar problemas ou disfrutar en obradoiros sobre valores e prevención.

Algunhas cuestións prácticas: 


  • De luns a venres, entrarás en clase ás 8:30 e salirás ás 14:20 con dous recreos de 20 minutos. o día que teñas clase de tarde, o horario será de 16:20 a 18:00.
  • O primeiro día, terás unha presentación co tit@r , quen te facilitará o horario onde aparecerán as aulas e os profes. Aquí movémonos cada 50 minutos de aula. Parece un pouco complicado pero axiña estarás adaptado. Só tes que organizarte coa axuda da taquilla. 
  • Nos recreos podes xogar no patio, ir á biblioteca e ao clube de lectura ou pasarte pola cafetería. 
  • Recorda tamén que o curso aquí remata en setembro. Os primeiros días terás que examinarte das materias avaliadas negativamente en xuño. 
  • Cada curso terás que renovar a túa matrícula na Secretaría do centro. 

Aspectos importantes para ter éxito: 
  

  • Cada profesor/a terá o seu su método de traballo e os primeiros días te facilitarán os criterios de calificación para superar a materia. 
  • Non só contan os exámes, deberás amosar un bo comportamento; estudar e facer as tarefas diariamente; manter as libretas ou arquivadores ao día. 



No hay comentarios: