lunes, 15 de junio de 2015

O paso a 3º da ESO.

A Reforma Educativa suporá cambios na estructura de 3º da ESO de cara ao curso 2015/2016.

Recordade que podedes pasar a 3º da ESO con dúas materias avaliadas negativamente, como máximo, ainda que é importante que non levedes materias pendentes xa que a dificultade dos cursos vai aumentando. Na convocatoria extraordinaria de setembro terás a opción de recuperar as materias. No instituto o curso non remata en xuño!!

Cursaredes as seguintes materias:

  • Lingua Galega e Literatura
  • Lengua Castellana y Literatura.
  • Primeira Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés, a que cursachedes en 1º e 2º como primeira opción). 
  • Xeografía e Historia. 
  • Bioloxía-Xeoloxía.
  • Física e Química.
  • Matemáticas (académicas ou aplicadas).
  • Educación Física. 
  • Educación Plástica e Visual. 
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Segunda Lingua Estranxeira ou Cultura Clásica. 
  • Relixión ou Valores Eticos
Ademais teredes unha hora de atención directa co titor/a: TITORÍA. 

A previsión de horario é a seguinte: 

  • Materias de 4 sesións: Matemáticas. 
  • Materias de 3 sesións: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estraxeira, Xeografía e Historia
  • Materias de 2 sesións: Bio/Xeo, Fis/Quim, Educación Plástica e Visual, Tecnoloxía, Materia Optativa, Educación Física e Música. 
  • Materias de 1 sesión: Relixión ou Valores Éticos e Titoría. 
ASPECTOS A TER EN CONTA CANDO FORMALICE A MATRÍCULA

Na folla de matrícula atoparedes 2 materias optativas das que teredes que escoller 1. As opcións son: 

  • 2ª Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés).
  • Cultura Clásica 
Coa LOMCE desaparece o "Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras". 

Tamén terás que tomar outra decisión moi importante. Aparecerán duas opcións de matemáticas: 

  • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas 
  • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 
Esto é así porque segundo a Reforma Educativa haberá dous tipos de 4º da ESO: un vinculado as Ensinanzas Académicas ou para iniciación ao Bacharelato e outro, de  Ensinanzas Aplicadas ou para a iniciación á Formación Profesional. 

No próximo curso poderedes escoller cursar "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia" en "Francés". É Obrigatorio que se queres escoller esta opción curses "Francés" como materia optativa. Deberedes indicar esto na folla de matrícula. 

Se xa repetiches 2º ou te foi mal e consideras que poderías ter máis éxito nuns estudios de tipo profesional, podes ir a cursar Formación Profesional Básica.  Se desexas informarte máis sobre esta vía podes facelo no seguinte enlace: 


Xa sabedes que podedes consultar as dúbidas no Departamento de Orientación ou enviando un comentario neste enlace. 

Animo que está rematando o curso, xa estades un pouco máis preto de obter o Título de Graduado. 

No hay comentarios: