miércoles, 17 de junio de 2015

O PASO A 4º DA ESO

Recordamos os criterios para pasar a 4º da ESO

Ter todas as materias aprobadas ou como moito dúas suspensas tras a avaliación extraordinaria de setembro. Se tes materias pendentes doutros cursos deberás de contabilizalas. 

Ás materias de Física/Química e Bioloxía/Xeoloxía contan como unha para a promoción de curso. 

Se xa repetiches 3º pero non estas en condicións de promocionar, pasarás a 4º igualmente por "imperativo legal". Está situación non é ideal polo que podes barallar outras alternativas como a incorporación a unhas ensinanzas de tipo profesional (Formación Profesional Básica). Podes obter máis información sobre isto no seguinte enlace:   


A algún de vos se lle ofrecerá a oportunidade de incorporarse a un "Programa de Diversificación Curricular" de un ano para rematar 4º. Coa Reforma Educativa non teremos o Programa de Diversificación de dous cursos e descoñecemos se o vindeiro ano poderemos implantar un "Programa de Mellora de Rendemento" que é o que a nova lei recolle como unha medida de atención á diversidade. 

Como xa sabedes no curso 2015/2016 entrará a Reforma Educativa nos cursos impares polo que o cambio non vos afectará agás no referido a ter en conta a nova organización do Bacharelato. 

É importante que á hora de elixir as materias de 4º pensedes nas modalidades de bacharelato e as asignaturas que as compoñen, así como no que vos gustaría seguir estudando despois. 

Tampouco hai cambios en exceso polo que únicamente deberás aplicar o sentido común. As modalidades de Bacharelato : 

  • Artes (O IES Miraflores non oferta esta modalidade de Bacharelato. Se estás interesado nela, recorda facer a túa solicitude de praza en marzo do 2016, no centro que máis te interese). 
  • Ciencias
  • Humanidades e Ciencias Sociais
No seguinte enlace podemos ver un borrador das previsións de cambios na nosa Comunidade: 



A continuación tes a folla de matricula do IES Miraflores sobre a que imos traballar: 

DATOS DA/O ALUMNA/O

APELIDOS E NOME
Teléfonos de contacto:
Correo electrónico alumno

4º CURSO DE E.S.O.
Materias comúns
Materias opcionais

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (3 s.)
Educación Ético-Cívica (1 s.)
Educación Física (2 s.)
Lingua Castelá e Literatura (3 s.)
Lingua Galega e Literatura (3 s.)
Matemáticas (3 s.)
Titoría (1 s.) 
Lingua estranxeira (marcar unha, 3 s.)
-Inglés
-Francés

Elixir tres ou catro materias deste cadro (3s/c.u.)

Bioloxía e Xeoloxía
Educación Plástica e Visual
Física e Química
Informática
Latín
Música
Lingua estranxeira (  Francés  Inglés)
Tecnoloxía



Relixión (1 sesión):

Si  Confesional (________________)
(especificar: católica, evanxélica, islámica, xudía..

 Non 

Materia optativa (3s). Elixir unha ou ninguha

 Cultura Clásica
 2ª Lingua estranxeira (  Francés  Inglés)
 Obradoiro de iniciativas emprendedoras

Nota: Só se pode repetir en 4º a optativa de 3º se é 2º Idioma

DATA



As materias opcionais ou optativas poderanse cursar cando haxa un grupo non inferior a 10 alumnos

Sección bilingüe: SI  NON 

Para cursar CC.SS.na sección bilingüe o alumnado ten que estar matriculado en Francés

Nota: A combinación de materias opcionais e optativas respetarse sempre que sexa posible confeccionar os horarios do centro.


Asdo.:

Aspectos que deberás de ter en conta:  

  • A materia que escolleras como primeira lingua estranxeira non se poderá cambiar ata que remates a ESO. 
  • Podes elexir o cambio entre Relixión é a súa alternativa.   
  • Ainda que non é vincunlante, é lóxico que alguén que desexe realizar un Bacharelato de Humanidades comece a prepararse co Latín ou alguén que desexe ir por Ciencias escolla materias como Física/Química, Bioloxía/ Xeoloxía, Tecnoloxía ou Educación Plástica e Visual co obxecto de prepararse para o Debuxo Técnico. Se a túa opción é un Bacharelato de Artes, a Música ou a Educación Plástica e Visual poden ser fundamentais. No seguinte enlace podes atopar todos os graos do Sistema Universitario Galego. Aínda que o teu acceso non vai a ser o que hai na actualidade, podes ver as materias que resultan interesantes para cada grao (Fíxate nas que aparecen co valor 0,2). 
  • Hay materias que poden resultar interdisciplinares como a Informática. 
  • A aprendizaxe de varias linguas estranxeiras pode axudarte a atopar un traballo con maior facilidade. 
  • Se a túa idea e facer no futuro un Ciclo Formativo de Grao Medio, a materia de Obradoiro de Iniciativas emprendedoras é fundamental. En función da familia profesional que elixas, cada materia ten a súa importancia. Se queres empezar a informarte sobre familias profesionais e os ciclos que as compoñen podes consultar toda a oferta no seguinte enlace:http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp

No hay comentarios: