lunes, 8 de junio de 2015

Xa paso a 2º da ESO

Seguro que tedes a sensación de que acabades de aterrizar no instituto e xa está a rematar o curso. En nada deixaredes de ser os "pequenos".

Recordade que este ano se non aprobades todo en xuño, tedes a oportunidade de recuperar as materias na convocatoria extraordinaria do mes de setembro. A finais de xuño ou principios de xullo xa teredes o calendario coas datas e os horarios dos exámes nos taboleiros do centro ou na páxina web.

Pasados esos exámes teredes que recoller as cualificacións. Ainda que xa o falamos nalgunha sesión de titoría, aproveito para recordarvos que:


  • Pasaredes a 2º da ESO con todo aprobado, con 1 ou 2 materias avaliadas negativamente.
  • Se vos queda algunha materia pendente de recuperar, teredes que facelo o próximo curso. Os xefes dos distintos departamentos didácticos vos facilitarán as pautas para recuperar. Tamén podedes atopar toda a información nos taboleiros informativos.


Xa en 2º da ESO teredes as seguinte materias:


  • Lingua Castelá e Literatura.
  • Lingua Galega e Literatura. 
  • Primeira Lingua Extranxeira (Inglés ou Francés) 
  • Matemáticas.
  • Ciencias da Natureza
  • Ciencias Sociais, Xeografia e Historia. 
  • Música.
  • Educación para a Cidadanía.
  • Educación Física.
  • Tecnoloxía.
  • Segunda Lingua Extranxeira ou Reforzo. Esta opción non a escolledes vós. É obligatorio cursar a materia de 2º LE; só nalgúns casos o Equipo de Profes e o Departamento de Orientación poden propoñervos solicitar unha exención e, en consecuencia, cursar Reforzo.
  • Relixión/Atención Educativa ou Historia das relixións. Recordade que podedes cursar unha opción diferente a que escollestes neste curso. 

Tamén teredes unha hora directa de titoría para falar dos vosos problemas e tratar temas que vos interesen.

Nos días seguintes a entrega dos boletíns de cualificacións (xuño ou setembro) deberedes de formalizar a vosa matrícula. Xunto coas notas, o voso titor/a te entregará o sobre para que poidas acudir á Secretaría do centro con toda a documentación necesaria.  

No hay comentarios: