domingo, 13 de septiembre de 2015

Selectividade Setembro 2015

Se te presentas á Selectividade a vindeira semana, podes consultar no seguinte listado as titulacións pechadas do Sistema Universitario Galego:

TiTULACIÓNS PECHADAS.

A continuación tedes as informacións que xa se traballaton durante o mes de maio.


DOCUMENTO DO DEPARTAMENTO SOBRE SELECTIVIDAD 2015

RESUMO e HORARIOS

NOTAS DE CORTE GALICIA

PARAMETROS PONDERACIÓN 2015

CALENDARIO DO PROCESO

NERTA

BUSCADORES DE UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

miércoles, 2 de septiembre de 2015

Axudas para a compra do material escolar convocadas pola Consellería de Educación.

A partir de hoxe as familias que cumpran os requisitos poderán solicitar no centro educativo axuda para a compra de material escolar. Unha vez que se comprobe o cumprimento dos requisitos, dende o centro se facilitará un vale de 50 euros que poderán consumir nos establecementos adheridos. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. Podedes consultar os requisitos na convocatoria: 


Becas e axudas do MEC para estudar Bacharelato

Os alumnos que vaiades a cursar 1º ou 2º de Bacharelato podedes consultar a convocatoria de becas e axudas xerais do MEC publicada no mes de agosto e que estará vixente ata o 30 de de setembro. Deíxovos un enlace por se alguén está interesado na convocatoria.

CONVOCATORIA

Convocadas becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Ata o 30 de setembro están convocadas becas e axudas do Ministerio de Educación para o alumnado que acredite a necesidade específica de recibir apoio educativo tendo en conta os requisitos da convocatoria que podedes atopar no seguinte enlace: 


As familias que solicitedes axuda para a reeducación pedagóxica ou da linguaxe, recordade comunicarvos co Departamento de Orientación en canto poidades para realizar o informe do Departamento de Orientación.