miércoles, 7 de octubre de 2015

AERONAÚTICA

Todo apunta a que o vindeiro curso no Campus de Ourense se implante a Titulación de Inxenería Aeroespacial. Por iso imos adicarlle unha reseña no blog.

Deseñar e construir calquera nave que poida voar e trasportar persoas ou mercancias é o obxectivo dun titulado en aeronaútica. Investigan e melloran as aeronaves, incidindo en aspectos como a seguridade, o consumo, a velocidade, a comodidade, a ergonomía, etc.

Á dificultade que de por si pode ter calquera inxenería, habería que engadirlle o desenvolvemento e actualización á que están sometidas as tecnoloxías utilizadas na inxenería aeronaútica, o que obliga a ampliar continuamente estudios cos últimos logros.

O perfil do estudiante que desexe cursar algunha das especialidades da Aeronaútica debería de ser:

  • Facilidade para asimilar conceptos técnicos. 
  • Capacidade de creacción e innovación
  • Boa base en matemáticas e física, alomenos. 
  • Interese pola tecnoloxía
  • Espíritu analítico e práctico.
  • Capacidade de traballo.
Din que os títulados nesta área non están parados. O abanico de empresas e sectores nos que poden traballar son: industrias aeronaúticas, empresas aeroespaciais básicas e auxiliares, empresas constructoras de aeroportos, compañías de transporte aéreo, empresas especializadas en telecomunicacións, tecnoloxía punta,...A administración pública pode ser outra alternativa, principalmente nos Ministerios relacionados con obras e construcción ou defensa.
Como para calqueira outra carreira na actualidade, os idiomas e a especialización son valores recoñecidos á hora de atopar un traballo. 

Para que vos fagades unha idea do plan de estudios, deixo un enlace ao da Universidade de Sevilla: 




martes, 6 de octubre de 2015

Convocatoria do Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega

Se te apetece estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou EEUU podes participar no Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega. Os requisitos inicias son:


  • Ser estudiante de 4º da ESO
  • Ter un 7 como mínimo de nota media de 3º da ESO. 
  • Ter unha nota en Ingles en 3º da ESO de 8 ou máis.
  • Non ter estudiado 1º, 2º ou 3º de ESO no extranxeiro. 
Podes realizar a inscripción no seguinte enlace antes de 12 de Novembro: 


Se estás interesado e desexas ampliar a información: