miércoles, 7 de octubre de 2015

AERONAÚTICA

Todo apunta a que o vindeiro curso no Campus de Ourense se implante a Titulación de Inxenería Aeroespacial. Por iso imos adicarlle unha reseña no blog.

Deseñar e construir calquera nave que poida voar e trasportar persoas ou mercancias é o obxectivo dun titulado en aeronaútica. Investigan e melloran as aeronaves, incidindo en aspectos como a seguridade, o consumo, a velocidade, a comodidade, a ergonomía, etc.

Á dificultade que de por si pode ter calquera inxenería, habería que engadirlle o desenvolvemento e actualización á que están sometidas as tecnoloxías utilizadas na inxenería aeronaútica, o que obliga a ampliar continuamente estudios cos últimos logros.

O perfil do estudiante que desexe cursar algunha das especialidades da Aeronaútica debería de ser:

  • Facilidade para asimilar conceptos técnicos. 
  • Capacidade de creacción e innovación
  • Boa base en matemáticas e física, alomenos. 
  • Interese pola tecnoloxía
  • Espíritu analítico e práctico.
  • Capacidade de traballo.
Din que os títulados nesta área non están parados. O abanico de empresas e sectores nos que poden traballar son: industrias aeronaúticas, empresas aeroespaciais básicas e auxiliares, empresas constructoras de aeroportos, compañías de transporte aéreo, empresas especializadas en telecomunicacións, tecnoloxía punta,...A administración pública pode ser outra alternativa, principalmente nos Ministerios relacionados con obras e construcción ou defensa.
Como para calqueira outra carreira na actualidade, os idiomas e a especialización son valores recoñecidos á hora de atopar un traballo. 

Para que vos fagades unha idea do plan de estudios, deixo un enlace ao da Universidade de Sevilla: 




No hay comentarios: