miércoles, 9 de diciembre de 2015

COMEZAMOS A DESENVOLVER AS ACTIVIDADES DO PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA


O alumnado de 1º da ESO acaba de rematar as sesións do ""Programa Promesa:Prometo Valorarme"" no que traballaron con educadores especializados temas como o respecto pola saúde, os hábitos saúdables, a valoración de sí mesmos, a publicidade, as redes sociais e a presión do grupo, o que fago para divertirme, etc.

Na vindeira semana comezaremos o desenvolvento do Plan Director de Convivencia. O alumnado deste nivel terá o primeiro encontro cos Formadores da Garda Civil para traballar sobre o Acoso Escolar e o Ciberacoso. Esta non será a única charla do curso, xa que se traballará un tema diferente por trimestre. As consecuencias do consumo de drogas e a utilización das redes socias e perigos de internet, serán outras das temáticas a traballar.

É importante que falesdes cos vosos fillos/as na casa sobre estas actividades.   

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Nos parecen muy bien. Son temas que nos preocupan en las casas y que con nosotros no quieren hablar.
Gracias.

Anónimo dijo...

Penso que é moi importante esta clase de temas a tratar.
Ainda que tamén na casa trátanse, nestas idades o entorno
fóra da casa valóranno máis.
Moitas grazas.