viernes, 2 de diciembre de 2016

PRAEMO

PRAEMO é o Programa de reforzo e apoio educativo municipal de Oleiros.

Nesta iniciativa que leva anos de andadura, podén participar todos os alumnos de Educación Primaria e Secundaria do Concello de Oleiros. A finalidade do mesma é apoiar ao alumnado no seu desenvolvemento, especialmente no referido á prevención do fracaso escolar.  Fanno reforzando as aprendizaxe que realizamos na escola pero, sobre todo, tratando de darlle ao alumnado estratexias para "aprender a aprender".

Acaba de comenzar o prazo de inscripción e rematará o vindeiro 15 de decembro. Se estades interesados podedes formalizar a inscripción no Centro Cultural A Fabrica en Santa Cristina ou ben na seguinte dirección de correo electronico ensino@oleiros.org.

Podedes atopar información máis concreta sobre a actividade no seguinte enlace:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-ensino-e-xuventude/xuventude/praemo


 

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Debate Botellón

El pasado domingo seis alumnos del IES Miraflores participaron en un programa de radio en CADENA SER, "El Coruñés opina". El tema del debate era el botellón. Desde el Departamento de Orientación queremos felicitarlos por sus intervenciones y agradecer a Isabel Bravo la oportunidad que les brindó.

Las conclusiones que podemos extraer de ese debate es que existen dos tipos de problemas respecto al fenómeno "BOTELLÓN". Por una parte, el de orden público y, por otro, el consumo elevado de alcohol por parte de los jóvenes.

Respecto al problema del orden público, es normal que exista. A nadie le gusta interrumpir su descanso por el excesivo ruído, no gusta dar un paseo por los jardines de la ciudad un domingo y encontrarse basura, vómitos, mobiliario destrozado, etc.  Ahora bien, el problema fundamental y de base, desde mi punto de vista, está en un consumo excesivo, desproporcionado. Si bebes una cerveza o una copa, escuchas música, charlas con tus iguales, .... no tiene que darse un problema de orden público. Sin consumos abusivos, probablemente, los grupos de jóvenes recogerían su basura, la depositarían en los contenedores, no destrozarían el mobiliario, etc.

Como en todo buen debate, hubo que buscar culpables y, como de costumbre, nos equivocamos en nuestros planteamientos. Cualquier problema se soluciona tomando conciencia por parte de todos los implicados y buscando soluciones consensuadas. La mayoría de las familias no son culpables de que sus hijos puedan salir a las 8 de la tarde a dar una vuelta y se les venda alcohol o tabaco porque aparentan mayores; los docentes no somos los culpables de este tipo de comportamientos, de hecho nunca se ha dado más información sobre las drogas, nunca se ha hecho tanta prevención; las fuerzas de seguridad o las entidades que nos gobiernan tampoco son los máximos culpables de esta situación, se hacen ciertos controles, se han potenciado planes de ocio alternativo, etc.  A lo mejor deberíamos, sin intención de ofender a nadie, dejar las "culpas" para los cristianos y empezar a hablar de "RESPONSABILIDADES" y si nos fijamos somos responsables de vivir en una sociedad donde todo lo celebramos con alcohol y tabaco. Esto es lo que trasmitimos generación a generación. La menor de las responsabilidades corresponde a los jóvenes que lo único que hacen es llegar antes a su mayoría de edad, una mayoría de edad que también fomentamos con otras conductas como el acceso a los móviles y las tecnologías desde edades muy tempranas o poniéndoles la coronita de principes y princesas, rodeados de bolas y regalos, en las fiestas de cumpleaños.

Os dejo una foto muy chula de nuestros chicos.



FERIA UNITOR 2016

El próximo 15 de diciembre llega a A Coruña "UNITOUR", la feria de universidades. Cómo son fechas de muchos exámenes para el alumnado de 2º de Bachiller, no podremos asistir pero para los que estéis interesados en visitarla en horario de tarde, podéis hacerlo individualmente, o bien, con vuestras familias. La entrada es gratuita. UNITOR reúne un montón de universidades de carácter público y privado y puede servir para conocer nuevos grados o consultar dudas que puedan surgir sobre tu acceso a determinados estudios.


MÁS DATOS:
PALEXCO
MUELLE DE TRANSATLÁNTICOS S/N
 A CORUÑA 
HORARIO: DE 9:30 A 14:00 Y DE 15:30 A 17:30

lunes, 10 de octubre de 2016

Convocatoria becas Fundación Amancio Ortega

Se te apetece estudar 1º de Bacharelato nunha High School en Canadá ou EEUU podes participar no Programa de Becas da Fundación Amancio Ortega. Os requisitos inicias son:


  • Ser estudiante de 4º da ESO
  • Ter un 7 como mínimo de nota media de 3º da ESO. 
  • Ter unha nota en Inglés en 3º da ESO de 8 ou máis.
  • Non ter estudiado 1º, 2º ou 3º de ESO no extranxeiro. 
Podes realizar a inscripción no seguinte enlace antes de 15 de Novembro. ás 13:00: 


Se estás interesado e desexas ampliar a información pica no seguinte enlace: 

martes, 7 de junio de 2016

Cursos de Accións Formativas para Desempregados 2016

Se tes o Título de Graduado ou equivalente e estas inscrito como demandante na Oficina de Emprego podes solicitar os seguintes cursos que se desenvolverán no noso Concello:


  •    Cociña (838 horas) – Nivel 2 – Inicio 20 de xuño
  •     Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas (658 horas) – Nivel 2 – Inicio 27 de xuño
  •     Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (548 horas) – Nivel 2 – Inicio 08 de xullo
Podes solicitar máis información no Centro Municipal de Emprego "Isaac Diaz Pardo"


Rúa dos Regos, 24
15173 OLEIROS
Tfno. 981610000 – Ext. 4603
981610319-981631706

lunes, 23 de mayo de 2016

Familia Profesional IMAXE e SON

A familia Profesional de "Imaxe e Son" forma parte dunha das vinteseis familias profesionais que engloban a Formación Profesional. Como sabedes a maioría das Familias profesionais están compostas por ciclos de formación básica, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

A Familia Profesional de Imaxe e son, está configurada polos seguintes ciclos:

Grao Medio 

CM Video disc-jockey e son

Grao Superior

CS Produción de audiovisuais e espectáculos

CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

CS Son para audiovisuais e espectáculos

CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Para o acceso ao grao medio precisas ter o Titulo de Graduado na ESO.

Para o acceso ao grao superior, ata este curso, era preciso estar en posesión do Titulo de Bacharel ou a superación dunha proba para maiores de dazanove anos baseada en contidos do bacharel. Na actualidade, de cara ao vindeiro curso, será posible acceder logo de superar un Ciclo Formativo de Grao Medio (estar en posesión dun Titulo de Técnico). En todo caso, haberá que esperar á publicación dos

Imos ver, dun xeito básico, que podes aprender nestes ciclos:

CM Video disc-jockey e son: Aprenderás a preparar e realizar sesións musicais e visuais en directo, realizando mesturas, gravacións, reproduccións de sons, etc.

CS Produción de audiovisuais e espectáculos:  Aprenderas a planificar e organizar todos os recursos (humanos, técnicos, económicos, etc) necesarios para unha producción no campo do audiovisual, da animación, do cine, da radio, etc.

https://youtu.be/667fsAvhS3c

CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. Organizarás a preparación, realización e montaxe  de proxectos audiovisiuais que se desenvolvan en directo ou sexan gravados coordinando todos os medios necesarios.

https://youtu.be/a6-vvzZO0ek

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos. Realizar animacións 2D e 3D para todo tipo de produccións audiovisual.

CS Son para audiovisuais e espectáculos. Aprenderás todas as tarefas relacionadas co son nunha producción audivisual (captar, gravar, emitir, ....)

https://youtu.be/u29h9ca50Ao

CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe. Aprenderás todas as tarefas relacionadas coa imaxe.
https://youtu.be/pZs0ouu6sfA

Podes consultar todas as materias ou módulos que configuran cada ciclo no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6098

Na Escola de Imaxe e Son de A Coruña podes cursar toda a oferta de grao superior.

VER OUTRAS LOCALIZADES





XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de E.P.  así que antes de nada dende o IES Miraflores queremos darvos a BENVIDA e moitos parabens porque estades preto de comezar unha nova etapa nas vosas vidas.

O PASO Á ESO:
   
 A E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que ven despois da Educación Primaria.

    Consta de catro cursos:

1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos
2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos
3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos
4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos

Imos ver os principais cambios da nova etapa: 

Na ESO o número de horas de clase será un pouco máis elevado que na Primaria: 32 sesións á semá; cada unha de 50 minutos. Terás que vir unha tarde. Se te apetece, ese día, poderás quedarte a comer e disfrutar das actividades que organiza a Asociación de Nais e Pais de Alumnos.  

Terás materias moi parecidas as que cursaches ata agora e tamén algunha nova:    
      
*Lingua Galega : 4 horas 
*Lingua Castela : 4 horas
*1ª Lingua Estraxeira: 3 horas           
*Matemáticas: 5 horas                       
*Bioloxía e Xeoloxía: 4 horas                 
*Xeografía e Historia: 3 horas
*Educación Física: 2 horas 
*Educación Plástica e Visual : 2 horas 
*Segunda Lingua Extranxeira: 2 horas
*Relixión/Valores Éticos: 1 hora
*Matería libre configuración do centro: 1 hora.                                 

Unhas das novidades máis importantes en Secundaria é que terás que estudar a 2ª Lingua Estranxeira. Só alguns alumnos/as poderán recibir "Reforzo Educativo", se o seu Equipo Educativo así o estima convinte e sempre que haxa motivos xustificados.   

Coma na Educación Primaria terás un tit@r que impartirá unha das materias. A diferencia será que terás unha hora directa de titoría para avaliar a túa marcha académica, solventar problemas ou disfrutar de obradoiros sobre valores e prevención.


O curso no instituto remata en setembro. Hai que aprobar todas as materias. Se en xuño non o fixeches terás que vir os primeiros días de setembro e examinarte. Te entregarán unhas novas notas. Se tes todo aprobado pasarás a 2º da ESO. Con 1 ou 2 materias poderás pasar tamén a 2º sempre que non sexan simultáneamente: 


  • Matemáticas con Lingua Galega
  • Matemáticas con Lingua Castelá


Terás que comenzar a tomar, coa axuda dos teus pais, as primeiras decisións. No paso a 1º da ESO e a 2º son decisións sinxelas pero a partir de 3º curso esas decisións van a condicionar o teu futuro. Imos ver que decisións terás que tomar neste momento: 

1ª. Escoller "Francés" ou "Inglés" como Primeira L.E.Para esta decisión terás que ter en conta que non poderás cambiar durante toda a ESO. 

2ª.Escoller unha materia de libre configuración do centro. Para tomar esta decisión deberás de ter en conta que a que curses en 1º da ESO non a poderás cursar en 2º. As materias que oferta o centro son: Oratoria, Programación, Promoción de hábitos de vida saúdables e Obradoiro de Musica

3ª. Escoller "Relixión" ou "Valores éticos". Esta decisión si se pode cambiar anualmente. 


Algunhas cuestións prácticas: 


  • De luns a venres, entrarás en clase ás 8:30 e salirás ás 14:20 con dous recreos de 20 minutos. o día que teñas clase de tarde (luns ou martes) o horario será de 16:20 a 18:00. 
  • O primeiro día, terás unha presentación co tit@r , quen te facilitará o horario onde aparecerán as aulas e os profes. Aquí movémonos cada 50 minutos de aula. Parece un pouco complicado pero axiña estarás adaptado. Só tes que organizarte coa axuda da taquilla. Non te preocupes polo reloxo, temos unha alarma moi potente que indioca o cambio de clase. Nos periodos de lecer soará un par de veces: unha, cinco minutos antes de que comece a clase para que te vaias preparando e otra xusto para que entres na clase. 
  • Nos recreos podes xogar no patio, ir á biblioteca e ao clube de lectura ou pasarte pola cafetería. 
  • Cada curso terás que renovar a túa matrícula na Secretaría do centro. 

Aspectos importantes para ter éxito: 
  
  • Cada profesor/a terá o seu su método de traballo e os primeiros días te facilitarán os criterios de calificación para superar a materia. 
  • Non só contan os exámes, deberás amosar un bo comportamento; estudar e facer as tarefas diariamente; manter as libretas ou arquivadores ao día. 

A continuación disfrutaremos do tempo de lecer e verémonos ás 10:30 diante da porta do Salón de Usos Múltiples para comezar a visita ás instalacións do centro. 

Disfrutade moito!! 



viernes, 20 de mayo de 2016

Opcións ao remate de 4º da ESO.

O primeiro que temos que ter en conta son os criterios para obter o Titulo de Graduado. Deberás de aprobar todas as materias. Logo da avaliación extraordinaria de setembro, se tes ata dúas materias avaliadas negativamente pero te presentaches a os exames e demostraches neles interese por superar as dificultades poderás obter igualmente o Titulo de Graduado.

Se non obtiveches o Titulo e tes esgotadas as posibilidades de repetición (dúas en toda a ESO) deberás matricularte en Educacion de Adultos para poder obtelo. Hay moitas modalidades para facelo e poderás consultar no Departamento de Orientación a modalidade máis axustada ás túas necesidades. En todo caso, deixo un enlace á páxina de referencia para a educación de adultos.


Recorda que se tes que repetir deberás de pasar polo Departamento de Orientación para consultar a opción de 4º da ESO máis axeitada para ti. No 2016/17 entra en vigor a LOMCE en 4º da ESO e terás que escoller que tipo de 4º queres cursar: o de Ensinanzas Aplicadas ou o de Ensinanzas Académicas.

Outra opción é revisar a entrada do blog orientada a guiar o paso a 4º da ESO: 


Co Titulo de Graduado tes básicamente dúas opcións académicas, ainda que unha delas ten un caracter máis profesionalizador:

1. O Bacharelato
2. A Formación Profesional: Ciclo Formativo de Grao Medio.

O BACHARELATO

  • O Bacharelato é unha etapa educativa non obligatoria, cunha duración de 2 cursos.
  • Se trás os exames de setembro o Equipo de Profes decide propoñerte para o título de Graduado de forma extraordinaria con unha ou dous materias xa que durante todo o curso te esforzaches e o examen de setembro estaba próximo ao aprobado, debes plantexarte se o Bacharelato é unha vía para tí, xa que require dun esforzo académico considerable. Se ainda así decides intentalo, moito ollo con escoller materias no bacharel que non fuches quen de superar en 4º. 
  • A súa finalidade é orientar e preparar para estudos e formación posterior: Universidade, Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional, Ciclos de Grao Superior das Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas Superiores. 
  • As modalidades do BAC son:
  1. Artes
  2. Humanidades e Ciencias Sociais (Opción humanidades-Opción Ciencias sociais)
  3. Ciencias


As resaltadas en amarelo son as que poderás cursar no IES Miraflores e na maioría de centros públicos. O de Artes é moito mais específico e poderás cursalo na Coruña no IES de Adormideras.


Hay algunhas cousas previas á organización do bacharelato que debes coñecer:


  • En bacharelato promocionas ao curso seguinte con todas as materias avaliadas positivamente ou como moito con dúas suspensas trala avaliación extraordinaria de setembro. Só se poderá permanecer no bachiller ordinario durante catro anos. Poderedes repetir cada curso unha soa vez ainda que excepcionalmente poderedes repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.

  • ¿Cómo obterás o Titulo de Bacharel?. Haberá que superar a avaliación final de bacharelato. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación:

a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato.

Imos agora a introducirnos na organización do 1º curso. Para iso temos que coñecer primeiro a continuidade entre as materias que te podes encontrar na oferta da noso centro:  

  • Debuxo Técnico I //Debuxo Técnico II 
  • Latín I// Latín II 
  • Grego I// Grego II 
  • Análise Musical I// Análise Musical II
  • Segunda Lingua Estranxeira I// Segunda Lingua Estranxeira II
  • Tecnoloxía Industrial I //Tecnoloxía Industrial II
  • TIC I //TICII
  • Física e Química //Física/Química
  • Bioloxía e Xeoloxía //Bioloxía/Xeoloxía

A continuidade implica que en segundo no poderás cursar unha destas materias se non cursaches a de primeiro. Se o fas “COMO NORMA XERAL”deberás de levar a materia de 1º como pendiente (nalgún caso o Departamento Didáctico podería determinar que tes os coñecementos previos para afrontar a materia de 2º).


MODALIDADE CIENCIAS
Materias troncais xerais
a) Filosofía.
b) Lingua Castelá e Literatura I.
c) Primeira Lingua Estranxeira I.
d) Matemáticas I.
e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais:


  1. Bioloxía e Xeoloxía.
  2. Debuxo Técnico I.
  3. Física e Química.

MODALIDADE HUMANIDADES
Materias xerais do bloque de materias troncais:
a) Filosofía.
b) Lingua Castelá e Literatura I.
c) Primeira Lingua Estranxeira I.
d) Para o itinerario de Humanidades, Latín I. Para o itinerario de Ciencias sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.
e) Dúas materias de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais:

  1.  Economía.
  2.  Grego I.
  3.  Historia do Mundo Contemporáneo.
  4.  Literatura Universal.


A isto deberemos engadir a calquera das modalidades:


Unha materia especifica: Educación Física.
Unha materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura.


Faltan 6 horas para completar o teu horario e para iso tes que realizar unha combinación de materias troncais e específicas, etc.


A combinación que podes escoller no IES Miraflores son as que aparecen na folla de Prematrícula que vos imos achegar nas sesións de titoría. Inclué combinacións de materias do seguinte horario: 4+2, 3+2+1, 2+2+2


É moi importante elixir a modalidade e o itinerario que mellor se adapte á formación que se pense levar a cabo no futuro. Por esta razón, convén ter en conta:
  1. A coherencia entre as túas habilidades, preferencias, intereses e gustos persoais e as materias propias de cada modalidade.
  2. A elección dunha modalidade pode determinar a formación posterior. Pensa nos teus estudios posteriores ou na túa futura profesión.
  3. Observa a vinculación entre as modalidades de Bacharelato e as carreiras universitarias.http://ciug.gal/PDF/ponderacins17.pdf
  4. Ainda que o sistema de acceso á Universidade cambie a importancia de cada materia respecto dos estudos superiores non debería de modificarse moito.

A FORMACIÓN PROFESIONAL 


A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:

  • Ciclos Formativos de Grao Medio 
  • Ciclos Formativos de Grao Superior 


Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.

Podes consultar todas as familias profesionais e os ciclos que as configuran no seguinte enlace:


Como podes comprobar, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de
grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e, no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos. Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a un 20% das prazas ofertadas.

Para o Grao Superior xa non haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato nin presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de celebración da mesma.  Podes acceder logo de cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio, co teu Titulo de Técnico. 

A Titulación

O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Técnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

E despois que...

Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio, poderías estudar Bacharelato ou presentarte á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.


Recorda que se desexas cursar un Ciclo Formativo de Grao medio, poderás realizar unha prescripción online a partir do 17 de xuño aproximadamente e presentala no centro educativo onde se imparta o ciclo formativo que escollas como primeira opción. O prazo para realizar esta solicitude remata, nos primeiros días de xullo. A partir de ahi deberás de estar pendente á adxudicación de prazas na páxina "edu.xunta.es/fp", xa que terás un periodo de tempo moi curto para formalizar a matrícula ou presentar a túa renuncia.






miércoles, 18 de mayo de 2016

ENSINANZAS ESPECIAIS: IDIOMAS

A FINALIDADE destas ensinanzas é adquirir e/ou ampliar a competencia lingüística nunha lingua estranxeira. O certificado que se obtén acredita que coñeces un idioma. Son un valor engadido para o teu curriculum.

A estructura das ensinanzas é por niveis:  
  • Básico (nivel A2 do MECRL)
  • Intermedio (nivel B1 do MECRL)
  • Avanzado (nivel B2 do MECRL)
  • C1 

ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DA CORUÑA, r/ Pepín Rivero, nº 1. A Coruña.Tfno: 981279100.Web: http://www.eoicoruna.org.Nesta escola podes estudar alemán, francés, ingles, italiano, portugües, galego, ruso, arabe, chines ou xaponés. 

Tede en conta que hai unha sección da E.O.I en Culleredo no IES Universidade Laboral ainda que só imparten inglés. https://sites.google.com/site/eoiculleredo/

Dende hoxe ata o 30 de Maio podedes fomalizar a matrícula para realizar unha proba de nivel ou clasificación te permite realizar un examen que te situa nun nivel determinado se tes coñecementos previos nunha lingua. Eso si, tes que ter en conta que para matricularte nunha escola oficial de idiomas deberas de cumprir os requisitos de idade: 

"16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos se o idioma é o mesmo que o cursado na ESO como primeira lingua estranxeira; 14 anos se é un idioma diferente"

martes, 17 de mayo de 2016

Información sobre as probas de acceso a Ciclos Formativos de Grao Medio.

É interesante que o alumnado de 3º e 4º matrículado nas probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio lea as instruccións publicadas para as probas. Tédelas no seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6568

Tamén están publicados os lugares onde se celebrarán as probas. Recordade que o lugar de exámen está condicionado polo lugar onde presentachedes a inscrición:

SEDES E LUGARES

O paso de 1º a 2º de Bacharelato.

O primeiro que temos que recordar nesta sesión son algunhas cuestións referidas á avaliacion e a promoción:


  • Paso a 2º con todas as materias avaliadas positivamente ou como moito con dúas suspensas trala avaliación extraordinaria de setembro. Nese caso haberá que matricularse en 2º das pendentes de 1º e superalas seguindo as indicacións que os Departamentos Didácticos vos darán no mes de outubro (plan de traballo e exames)



  • Só se poderá permanecer no bachiller ordinario durante catro anos. Poderedes repetir cada curso unha soa vez ainda que excepcionalmente poderedes repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente. 



  • É posible o cambio de modalidade de 1º a 2º de Bach. A Consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou unha alumna que cursasen o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poidan pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Como estamos nun momento de desenvolvemento de lexislación, se este é teu caso é mellor que o falemos directamente e realicemos unha consulta. 



  • Cando remates 2º curso, se tes avaliación negativa nalgunhas materias poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo. 



  • ¿Cómo vou a obter o Titulo de Bacharel?. Haberá que superar a avaliación final de bacharelato e obter unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación: 



a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato.

  • ¿Que pasará no voso curso tras a temida avaliación final ou reválida?. A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 terase en conta unicamente para o acceso á universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de bacharelato. Sobre cómo vai ser esta proba o único que coñecemos é un BORRADOR de Proxecto Ministerial e a seguinte información publicada na lexislación galega sobre as materias examinables .

a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a cursada en segundo curso.
b) Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada en segundo curso. 
c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión. 


Imos agora a introducirnos na organización do 2º curso. Para iso temos que coñecer primeiro a continuidade entre as materias: 

A superación dalgunhas materias de 2º estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso por implicar continuidade. As materias afectadas por este principio son: 

  • Lingua Galega e Literatura I// Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Castelá e Literatura I //Lingua Castelá e Literatura II 
  • Matemáticas I //Matemáticas II 
  • Primeira Lingua Estranxeira I //Primeira Lingua Estranxeira II 
  • Debuxo Técnico I //Debuxo Técnico II 
  • Latín I// Latín II 
  • Grego I// Grego II 
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Fundamentos da Arte I// Fundamentos da Arte II
  • Cultura Audiovisual I// Cultura Audiovisual II
  • Análise Musical I// Análise Musical II 
  • Debuxo Artístico I// Debuxo Artístico II 
  • Segunda Lingua Estranxeira I// Segunda Lingua Estranxeira II 
  • Tecnoloxía Industrial I //Tecnoloxía Industrial II
  • TIC I //TICII
  • Física e Química //Física/Química 
  • Bioloxía e Xeoloxía //Bioloxía/Xeoloxía


En todo caso, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente. 

 2º CURSO 

MODALIDADE CIENCIAS. Terás as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: 

  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II.
  • Primeira Lingua Estranxeira II.
  • Matemáticas II.
  • Dúas materias máis de entre as seguintes materias de opción 



1º) Bioloxía. 
2º) Debuxo Técnico II.
3º) Física. 
4º) Xeoloxía. 
5º) Química.

  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura



MODALIDADE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II. 
  • Primeira Lingua Estranxeira II. 
  • Para o itinerario de humanidades, Latín II e para o itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.
  • Dúas materias de entre as seguintes materias de opción: 

1º) Economía da Empresa.
2º) Xeografía.
3º) Grego II. 
4º) Historia da Arte.
5º) Historia da Filosofía.
  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura

A todo isto haberá que completar o curriculum co seguinte cadro da oferta do Miraflores que está calculada para que poidas completar o teu curriculum coas horas  exactas que esixe a lei.

OPCIÓN 4+3+1 MODALIDADE DE CIENCIAS

Materias de 4 H (Elexir unha)
Troncal no cursada
Bioloxía
Debuxo Ténico II
Física
Quimica
Xeoloxía

Materias de 3H. (Elexir unha)
Ciencias da Terra
Fundamentos Admin.
Hª Música
Psicoloxía
Tecnoloxía II
TIC II
2º Lingua Estranxeira (Francés ou Inglés)

Materias de 1 H. (Elexir unha). 

Relixión ou Reforzo en calquera das materias que aparecen a continuación:
L.Española
Inglés
Física
Química
Matemáticas
Francés
Bioloxía
Lingua Galega e Literatura. 

OPCIÓN 4+3+1 MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Materias de 4 H (Elexir unha)
Troncal no cursada
Economía de la empresa
Xeografía
Grego II
Latin II
Matemáticas aplicadas II
Hª Arte
Hª Filosofía

Materias de 3H. (Elexir unha)
Fundamentos Admin
Hª Música
Psicoloxía
TIC II
2º Lingua Estranxeira (Frances ou Inglés)

Materias de 1 H. (Elexir unha)
Relixión ou Reforzo en calquera das materias que aparecen a continuación:
L.Española 
Inglés
Francés
Lingua Galega e Literatura
Economía da empresa
Matemáticas 


Respecto do acceso á Universidade , entendemos que a mellor opción ata que teñamos información, vai ser aplicar o sentido común e revisar os paramétros de ponderación de cada materia para o grao que queirades cursar. No seguinte enlace podemos atopar os diferentes graos universitarios, a rama de coñecemento á que están vinculadas e as materias de maior peso que aparecerán calificadas con un 0,2. 


Se vos fixades no Grao en Mediciña, resulta que aparecen dúas materias con un 0,2: Bioloxía e Química. Pois ben, esas materias son fundamentales para dito grao. Está claro que se esas materias foron fundamentais ata agora non van a deixar de selo ainda que cambie o sistema de acceso á universidade. 

Para os que estades cansos do Bacharelato non esquezades que podedes acceder a FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO xa que tedes o Titulo de Graduado. De cara ao vindeiro curso o paso de Grao Medio a Superior se contempla sen necesidade de proba ou de ter cursado o bacharelato. É suficiente co Titulo de Técnico. Se queredes consultar a oferta de ciclos nas 26 familias profesionais podedes facelo no seguinte enlace: 


Tamén podedes pasar polo Departamento de Orientación para informarvos sobre outros aspectos. 

lunes, 9 de mayo de 2016

Información para alumnado de 2º de BACHARELATO sobre PAU

Podedes descargar os horarios das PAU no seguinte enlace:

IR A PÁXINA 11

Como en cursos anteriores o alumnado do noso centro se examinará na Facultade de Informática de A Coruña.

LOCALIZACIÓN

Repasade as instruccións que vos din no CADERNO DE SELECTIVIDADE (DNI, levar o material necesario, ollo cos dispositivos electrónicos, etc).

Parámetros de ponderación actualizados para revisar antes da matrícula:

http://ciug.gal/PDF/ponderacins17.pdf


Moita sorte!!!

domingo, 8 de mayo de 2016

O PASO A 4º DA ESO.

O primeiro que temos que facer é recordar os criterios de promoción ao curso seguinte: 

Xa estades no sistema LOMCE polo que para pasar de curso podedes ter ata dúas materias avaliadas negativamente tras a convocatoria de setembro, ahora ben, as materias suspensas, como norma xeral, non poderían ser simultáneamente: 

- Matemáticas e Lingua Galega 
- Matemáticas e Lingua Castelá

Se tes materias pendentes doutros cursos deberás de contabilizalas. 

Se xa repetiches 3º pero non estas en condicións de promocionar, pasarás a 4º igualmente por "imperativo legal". Está situación non é ideal polo que podes barallar outras alternativas como a incorporación a unha ensinanza de tipo profesional (Formación Profesional Básica). Podes obter máis información sobre isto no seguinte enlace ou pasarte polo Departamento de Orientación:   

A algún de vos se lle ofrecerá a oportunidade de incorporarse a un "Programa de Mellora de Aprendizaxe e Rendemento" para repetir 3º da ESO.  

Como xa sabedes o vindeiro curso entrará a Reforma Educativa nos cursos pares (2º e 4º da ESO) polo que é importante que coñezades os cambios que se van dar: 

A primeira decisión importante é elexir que tipo de 4º vou realizar: 


"Ensinanzas Académicas ou Ensinanzas aplicadas"

Esta decisión é moi importante xa que condicionará o teu futuro.

A) Ensinanzas Académicas: Trátase dun curso orientado á realización posterior dun Bacharelato. 

B) Ensinanzas Aplicadas: Este curso está orientado ao alumnado que ten pensado cursar con posterioridade Formación Profesional. 

Ao remate de cada un dos cursos haberá unha proba de avaliación final que será diferente para cada tipo de 4º da ESO. O resultado final para decidir que superaches a ESO se formulará do seguinte xeito: 

-Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en educación secundaria obrigatoria.
-Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da educación secundaria obrigatoria.


Imos adentrarnos en cada 4º da ESO, tendo en conta a oferta do IES Miraflores.  

4º ESO

ENSINAZAS ACADÉMICAS
Xeografía e Historia 
L.Cast.
E.Física
L.Galega
1ª Lingua Estranxeira:
FRANCÉS
INGLÉS
Matemáticas académicas
Elexir dúas Trocais:

Bio-Xeoloxía
Economía
Fisica e Química
Latín
     Elexir dúas:


Cultura Científica
Cultura Clásica
Plástica
Filosofía
Música
TIC
2ª Lingua estranxeira
Troncal no cursada



Elexir unha:

Relixión 
Valores Éticos




ENSINANZAS
APLICADAS
Xeografía e Historia
L.Cast.
E.Física
L.Galega
1ª Lingua Estranxeira:
FRANCÉS
INGLÉS
Matemáticas aplicadas
Elexir dúas:
  • C.aplicadas a actividade profesional
  • Iniciación actividade emprendedora
  • Tecnoloxía



O que aparece no recadro é a oferta que se vai facer no IES Miraflores. Esta oferta poderá sofrir modificacións en funcións de instruccións ou normativa que poida publicar a Consellería de Educación. 

É importante que á hora de elixir as materias de 4º pensedes nas modalidades de bacharelato e as asignaturas que as compoñen, así como no que vos gustaría seguir estudando despois. 

Se trata de aplicar o sentido común. As modalidades de Bacharelato:  

  • Artes (O IES Miraflores non oferta esta modalidade de Bacharelato. Se estás interesado nela, recorda facer a túa solicitude de praza en marzo do 2017, no centro que máis te interese). 
  • Ciencias e Tecnoloxía
  • Humanidades e Ciencias Sociais
Se tes pensado facer un Bacharelato de Humanidades, a materia de Latín será importante. O mesmo ocorre coa Economía se desexas realizar un Bacharelato de Ciencias Sociais. Se prefires escoller un Bacharelato Científico a Física e a Química son fundamentais e a Bioloxía tamén ainda que os vaiades cara a opcións de ciencias da natureza.   

Aspectos que deberás de ter en conta:  

  • A materia que escolleras como primeira lingua estranxeira non se poderá cambiar ata que remates a ESO. 
  • Podes elexir o cambio entre Relixión e Valores Éticos.
  • É impensable non cursar, por exemplo, Física e Química porque "non se me da ben" e despoís querer cursar un Bacharelato de Ciencias porque quero "ser médico". Aínda que non sabemos como vai a ser o voso sistema de acceso á Universidade, é importante que revises o actual é analices que asignaturas son as máis importantes para cada grao universitario. Mira no seguinte enlace. Atoparás todos os graos que se imparten no sistema universitario galego na actualidade. Se algún deles te interesa, fíxate nas materias de bacharelato onde aparece un 0,2. 

  • Hay materias que poden resultar interdisciplinares como a TIC (Tecnoloxía da información e a comunicación). 
  • A aprendizaxe de varias linguas estranxeiras pode axudarte a atopar un traballo con maior facilidade.