lunes, 15 de febrero de 2016

Hoxe comeza o prazo para inscribirse nas probas de Acceso aos Ciclos Formativos de Grao Superior.

Requisitos: 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Datas e lugares de inscrición: Centros que impartan Formación Profesional. 
Prazo de presentación:  Entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
Presentación de solicitudes e inscrición: As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación. 
As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. (Ver enlaces)

Estrutura e organización da proba: 

Parte común: Lingua galega, Lingua castelá e Matemáticas.
Parte específica. Tres opcións en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso (Podes consultar a opción máis axeitada para tí no departamento de Orientación ou no anexo VII da convocatoria).  Deberás de elexir no momento de presentación da solicitude as dúas materias das que desexes examinarte:   

Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía e cidadanía.
Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía. 

Enlaces.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Este año,como novedad, no será necesario que los que han obtenido el título de Grado Medio realicen la prueba de acceso al Ciclo Superior.

Con la nueva ley se puede pasar directamente de Ciclo Medio a Ciclo Superior, sin necesidad de realizar la prueba de acceso.

marta dijo...

Muchas gracias por la información. Comentarte que, en todo caso, tenemos que esperar a que salga el procedimiento de admisión. No se sabe cómo va a ser pero lo que me han comentando con las consultas que he realizado es que entrarán primero los alumnos procedentes de Bachillerato. En algunos ciclos seguro que no hay problemas de plazas y podrán entrar todos los alumnos que tengan el título de técnico medio pero en otros no.

Un saludo.