jueves, 31 de marzo de 2016

Colonias de vacaciones para alumnado de 1º e 2º da ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte abriu o prazo para solicitar participación nas colonias de verán. Estas colonias que teñen como obxectivo a mellora da lingua estranxeira están dirixidas a alumnado de 1º ou 2º da ESO. O prazo de presentación de instancias remata o 15 de abril.

Se desexas obter máis información podes facelo nos seguintes enlaces:

ALUMNADO 1º ESO

ALUMNADO 2º ESO

miércoles, 30 de marzo de 2016

Inscrición probas de acceso a grao medio

O vindeiro día 4 de abril comeza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio. Poderás facelas se tes 17 anos ou os cumpres no ano de celebración da proba. Terás que examinarte das seguintes materias:

  • Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais. (Parte sociolingüística)
  • Matemática (Parte matemática)
  • Ciencias da natureza, Tecnoloxía (Parte científico-técnica) 
Se estás interesado podes ver modelos de probas doutros anos no seguinte enlace: 


No próximos días estará operativa o modelo de solicitude no seguinte enlace: 


Deberás entregala en calquera centro educativo onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. 

Recorda que presentarse a estas probas é unha boa opción se nos tes seguro que poidas acadar o Título de Graduado. Se as pasas poderás acceder a cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio de calquera familia profesional, sempre tendo en conta que se establecen criterios para a admisión de alumnado e que haberá maior número de prazas para os que accedan co Titulo de Graduado.  

Recorda que podes revisar todas as familias profesional e os ciclos que as compoñen no seguinte enlace: 


Non deixes de consultar as dúbidas que teñas no Departamento de Orientación pero non o deixes para o último día. O prazo remata o 15 de Abril.

CALENDARIO DE PROBAS

CONVOCATORIA AXUDASLE 16

Ábrese o prazo para participar na convocatoria de axudas da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado da ESO e de Bacharelato. Se cumpres os seguintes requisitos podes informarte para realizar a solicitude:


  • Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015-2016, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin neste curso nin estar incurso/a nalgunha prohibición para a subvención.
  • Nota mínima na área ou materia de lingua inglesa de Ben ou 6, curso 2014- 2015. 
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/2015. 
  • Ter DNI se eres maior de 14 anos. 
Se precisas máis información, podes obtela no seguinte enlace: 


RECORDA: ATA O 28 de ABRIL !!

miércoles, 16 de marzo de 2016

Visita á Facultade de Ciencias da UDC


No seguinte enlace podedes descargar as poucas testemuñas gráficas que temos da visita que se realizou onte á Facultade de Ciencias e ao Servicio de Apoio á Investigación.

https://drive.google.com/folderview?id=0ByAVDF3T9WOZdEFOLXJPWDlIems&usp=sharing

Aberto o prazo para realizar as probas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte da UDC

Xa está dispoñible o formulario online para que poidas inscribirte na primeira convocatoria de probas de admisión ao Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. A proba se celebrará o 23 de abril e poderás inscribirte ata o día 9 dese mes. Recorda que haberá unha segunda oportunidade no mes de xuño (proba do 20 de xuño, inscrición ata o día 6 dese mes).

Formulario online

Na convocatoria podes atopar información sobre toda a documentación que deberás de presentar.

CONVOCATORIA

Na páxina da Facultade pode atopar máis información sobre as características das probas con videos explicativos.

REGLAMENTO e VIDEOS EXPLICATIVOS

lunes, 14 de marzo de 2016

A Formación Profesional Básica

Debido as consultas que algunhas familias fixeron estes días sobre a Formación Profesional Básica, decidín retomar estar entrada do curso pasado para recordar algúns aspectos desta vía educativa.  


A formación profesional básica forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Os estudos teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.

Que título se obtén?

Superando un ciclo de FP básica obtense o título profesional básico correspondente ás ensinanzas cursadas.

Cal é a validez dos títulos?

O título profesional básico ten tanto valor académico como profesional. Permite o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

A persoa que posúa un título profesional básico poderá obter o título de graduado na ESO, mediante a superación da proba de avaliación final da educación secundaria obrigatoria.

O título profesional básico ten os mesmos efectos laborais que o título da ESO e capacita para levar a cabo funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais.

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais
  • Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcional­mente, ter cursado o segundo curso

A proposta do equipo docente, tamén poderá solicitar a admisión na FP Básica o alumnado de 17 anos feitos no ano de inicio do ciclo formativo, escolarizado na educación secundaria obrigatoria.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos

Que hai que facer para matricularse?

Presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais).
A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido.

Documentación a presentar:

  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
  • Comunicación de incorporación á formación profesional básica no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos (Esta documentación a facilitaremos no centro)
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade

Cal é o período de admisión na FP básica?

  • Presentación de solicitudes: do 1 ao 10 de setembro, apróximadamente. Consulta anualmente os prazos no Departamento de Orientación ou na Secretaria do centro onde esteas interesado en estudar.  
  • Publicación, nos centros educativos, das listaxe de alumnado admitido e non admitido: 12 de setembro (apróx.)
  • Matriculación: do 12 ao 19 de setembro (apróx)
No seguinte enlace tedes toda a oferta educativa que hai durante o curso 2015/16


A oferta educativa podedes consultala AQUI

Recorda que no Concello de Oleiros o IES Maria Casares oferta a Formación Profesional de Electricidade/Electrónica. Podes descargar o perfil profesional neste enlace: 


Dende a Formación Profesional Básica podes cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio e posteriormente, sen necesidade de cursar bacharelato, pasar a un Ciclo de Grao Superior co obxecto de obter o Titulo de Técnico de Grao Superior. 


martes, 8 de marzo de 2016

Para alumn@s de 4º de la ESO: Talleres "antiestrés exámenes"

El pasado viernes estuvisteis aprendiendo a experimentar una técnica llamada "tapping". El objectivo de la sesión era liberaros de la tensión emocional y del nerviosismo ante los exámenes. Es una técnica poco conocida y experimentada en el ámbito escolar. Para aquell@s que quieran seguir "tapeando" o integrando está práctica en cuestiones de su vida diaria, os podéis descargar los guiones en los enlaces que os dejo:

GUIÓN PARA CHICOS

GUIÓN PARA CHICAS

A continuación tenéis un breve vídeo resumen que han preparado Polo y Mar para vosotros sobre la jornada.

VER PRESENTACIÓN