miércoles, 16 de marzo de 2016

Aberto o prazo para realizar as probas de acceso ao Grao de Ciencias da Actividade Física e o Deporte da UDC

Xa está dispoñible o formulario online para que poidas inscribirte na primeira convocatoria de probas de admisión ao Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte. A proba se celebrará o 23 de abril e poderás inscribirte ata o día 9 dese mes. Recorda que haberá unha segunda oportunidade no mes de xuño (proba do 20 de xuño, inscrición ata o día 6 dese mes).

Formulario online

Na convocatoria podes atopar información sobre toda a documentación que deberás de presentar.

CONVOCATORIA

Na páxina da Facultade pode atopar máis información sobre as características das probas con videos explicativos.

REGLAMENTO e VIDEOS EXPLICATIVOS

No hay comentarios: