miércoles, 30 de marzo de 2016

Inscrición probas de acceso a grao medio

O vindeiro día 4 de abril comeza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio. Poderás facelas se tes 17 anos ou os cumpres no ano de celebración da proba. Terás que examinarte das seguintes materias:

  • Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais. (Parte sociolingüística)
  • Matemática (Parte matemática)
  • Ciencias da natureza, Tecnoloxía (Parte científico-técnica) 
Se estás interesado podes ver modelos de probas doutros anos no seguinte enlace: 


No próximos días estará operativa o modelo de solicitude no seguinte enlace: 


Deberás entregala en calquera centro educativo onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. 

Recorda que presentarse a estas probas é unha boa opción se nos tes seguro que poidas acadar o Título de Graduado. Se as pasas poderás acceder a cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio de calquera familia profesional, sempre tendo en conta que se establecen criterios para a admisión de alumnado e que haberá maior número de prazas para os que accedan co Titulo de Graduado.  

Recorda que podes revisar todas as familias profesional e os ciclos que as compoñen no seguinte enlace: 


Non deixes de consultar as dúbidas que teñas no Departamento de Orientación pero non o deixes para o último día. O prazo remata o 15 de Abril.

CALENDARIO DE PROBAS

1 comentario:

Departamento de electricidade e electrónica dijo...

En Oleiros, puedes entregar la solicitud en el IES María Casares.