jueves, 28 de abril de 2016

O paso a 3º da ESO

Este curso están convivindo dous tipos de criterios de promoción. Para os que estades en 2º da ESO recordade que:

Podedes promocionar a 3º da ESO con dúas materias avaliadas negativamente como máximo, tras a avaliación de setembro. É importante que non levedes materias pendentes xa que a dificultade dos cursos vai aumentando. Se en xuño non aprobades todas as materias, é fundamental que asistades aos exames extraordinarios de setembro e o fagades o mellor que poidades.

Cursaredes as seguintes MATERIAS XERAIS TRONCAIS: 
  • Lengua Castellana y Literatura.
  • Primeira Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés, a que cursachedes en 1º e 2º como primeira opción). 
  • Xeografía e Historia. 
  • Bioloxía e Xeoloxía.
  • Física e Química.
  • Matemáticas. Podedes escoller entre:  
    • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas 
    • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 
Esto é así porque segundo a Reforma Educativa haberá dous tipos de 4º da ESO: un vinculado as Ensinanzas Académicas ou para iniciación ao Bacharelato e outro, de  Ensinanzas Aplicadas ou para a iniciación á Formación Profesional.

Ademáis teredes que cursar MATERIAS ESPECÍFICAS
  • Educación Física. 
  • Educación Plástica e Visual. 
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Escoller unha entre: Segunda Lingua Estranxeira ou Cultura Clásica. 
  • Escoller unha entre: Relixión ou Valores Éticos

A túa formación completarase cunha MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA: 
  • Lingua Galega e Literatura
Tamén teredes unha hora de atención directa co titor/a: TITORÍA. 

A carga horaria será a seguinte: 
  • Materias de 4 sesións: Matemáticas. 
  • Materias de 3 sesións: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estraxeira, Xeografía e Historia
  • Materias de 2 sesións: Bio/Xeo, Fis/Quim, Educación Plástica e Visual, Tecnoloxía, Materia Optativa, Educación Física e Música. 
  • Materias de 1 sesión: Relixión ou Valores Éticos e Titoría. 
ASPECTOS A TER EN CONTA CANDO FORMALICES A MATRÍCULA

Na folla de matrícula atoparedes 2 materias optativas das que teredes que escoller 1. As opcións son: 
  • 2ª Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés).
  • Cultura Clásica 
Tamén terás que tomar outra decisión moi importante o tipo de matemáticas que desexas cursar.

No próximo curso poderedes escoller cursar "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia" en "Francés". É Obrigatorio que se queres escoller esta opción curses "Francés" como materia optativa. Deberedes indicar esto na folla de matrícula. 

OUTRAS ALTERNATIVAS: 

Se xa repetiches 2º ou te foi mal e consideras que poderías ter máis éxito nuns estudios de tipo profesional, podes ir a cursar Formación Profesional Básica.  Se desexas informarte máis sobre esta vía podes facelo no seguinte enlace: 


Xa sabedes que podedes consultar as dúbidas no Departamento de Orientación ou enviando un comentario neste enlace. 

Animo que está rematando o curso, xa estades un pouco máis preto de obter o Título de Graduado. 

viernes, 22 de abril de 2016

Oferta Educativa de CESUGA (Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia)

O CESUGA oferta os seguintes graos:


  • Grao en Publicidade e Relacións Públicas
  • Grao en Traducción e Comunicación Intercultural 
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas Bilingüe.
  • Grao en Arquitectura. 


Podedes obter máis información na páxina web do centro CESUGA

Ao seres un centro privado o proceso de admisión se realiza en determinadas datas así como a proba de idioma que non é excluinte. A mellor opción es chamar e concertar unha cita . Precísas aprobar o Bacharelato e a Selectividade pero non hai nota de corte.

Para información sobre precio tedes que contactar directamente co centro educativo. Sobre becas e axudas podedes consultar as condicións das becas de excelencia no seguinte enlace:

BECAS DE EXCELENCIA

OFERTA EDUCATIVA DO CENTRO CONCERTADO DE FP "LÓPEZ VICUÑA"

O centro educativo "López Vicuña" oferta dous ciclos formativos:
  • Grado Superior de Educación Infantil 
  • Grado Medio de Xestión Administrativa. 
Nos enlaces podes descargar mais información sobre horarios, metodoloxía ou prezos. 


jueves, 21 de abril de 2016

jueves, 14 de abril de 2016

Ciclo Superior de Proxectos de Edificación.

A continuación podedes descargar no enlace a presentación que o profesorado de IES As Mariñas de Betanzos preparou para explicarvos polo miúdo o Ciclo Superior de Proxectos de Edificación.
Este ciclo está enmarcado dentro da Familia Profesional de "Edificación e Obra Civil". Recordade que se pode acceder co título de Bacharel, coa superación da proba de acceso a ciclos superiores e, de cara ao vindeiro curso, logo de ter superado un ciclo de Grao Medio.

Se alguén ten dúbidas ou quere ampliar a información podemos xestionar dende o Departamento de Orientación unha entrevista co profesorado deste ciclo.

DESCARGAR PRESENTACIÓN

martes, 12 de abril de 2016

Xornada de portas abertas Centro Superior de Hostelería de Galicia.

Este sábado, 16 de abril, el Centro Superior de Hostelería de Galicia organiza una jornada de puertas abiertas. Si algún alumno quiere participar, sólo tiene que llamar al 981 54 25 19 o enviar un e-mail confirmando su asistencia a info@cshg.es
 
Este es el programa
 
10h50Recepción de las familias en la Recepción del edificio de Aulas de Teoría. Es el primero a la izquierda cuando entre en el campus. 
 
11h00.-12h30Inicio de la visita. Nos acompañarán antiguos alumnos y algunos profesores. El itinerario pasa por las aulas teóricas y de idiomas, biblioteca, aulas de cata y cocina demostración, aula de restaurante a la carta y buffet, aula de Recepción y Alojamiento y la Residencia. 
 
12h30Explicación de tarifas, becas, pruebas de acceso, matrícula...Y se responderán a todas las preguntas que considere necesarias hacer. 
 

lunes, 4 de abril de 2016

Proxecto Anoca nos visita

Como en cursos anteriores, o Departamento de Orientación organiza para o alumnado de 4º da ESO un encontro co profesorado e internos do Centro Penitenciario de Teixeiro. Esta actividade se realizará o martes 5 de abril entre as 10:30 e as 12:10 e por si queredes informarvos máis podedes entrar no blog do Proxecto ANOCA (Aprender no Cárcere).

BLOG PROXECTO ANOCA

Todos os anos resulta unha actividade moi positiva para o alumnado e permite traballar un montón de temáticas como a prevención en drogodependencias, as consecuencias das decisións que tomamos na vida, o respecto por todas as persoas, a importancia da educación e a formación ao longo da vida, etc.