jueves, 14 de abril de 2016

Ciclo Superior de Proxectos de Edificación.

A continuación podedes descargar no enlace a presentación que o profesorado de IES As Mariñas de Betanzos preparou para explicarvos polo miúdo o Ciclo Superior de Proxectos de Edificación.
Este ciclo está enmarcado dentro da Familia Profesional de "Edificación e Obra Civil". Recordade que se pode acceder co título de Bacharel, coa superación da proba de acceso a ciclos superiores e, de cara ao vindeiro curso, logo de ter superado un ciclo de Grao Medio.

Se alguén ten dúbidas ou quere ampliar a información podemos xestionar dende o Departamento de Orientación unha entrevista co profesorado deste ciclo.

DESCARGAR PRESENTACIÓN

No hay comentarios: