lunes, 4 de abril de 2016

Proxecto Anoca nos visita

Como en cursos anteriores, o Departamento de Orientación organiza para o alumnado de 4º da ESO un encontro co profesorado e internos do Centro Penitenciario de Teixeiro. Esta actividade se realizará o martes 5 de abril entre as 10:30 e as 12:10 e por si queredes informarvos máis podedes entrar no blog do Proxecto ANOCA (Aprender no Cárcere).

BLOG PROXECTO ANOCA

Todos os anos resulta unha actividade moi positiva para o alumnado e permite traballar un montón de temáticas como a prevención en drogodependencias, as consecuencias das decisións que tomamos na vida, o respecto por todas as persoas, a importancia da educación e a formación ao longo da vida, etc. 

No hay comentarios: