martes, 3 de mayo de 2016

Convocatoria de Premios Extraordinarios de Bacharelato para alumnado de 2º de Bach.

Aínda que non coñecedes as calificacións finais, pola traxectoria académica que levades, podedes facervos unha idea de se sodes posibles candidatos a participar nos Premios Extraordinarios de Bacharelato. Aínda que o prazo de inscripción comenzou a semana pasada, tedes todo o mes de maio para formalizala (o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016). 

O requisito fundamental para participar é ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. 

Para conseguir un dos vinte premios de 1000 E, terás que realizar unha proba que se estruturará en dúas partes: 

Primeira parte. 

Durante dúas horas: Realizar análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario e respostar a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente

Segunda parte. 

Durante unha hora: Desenvolver temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade cursada polo alumnado que se elixirá entre as seguintes: bioloxía, debuxo artístico II, física, historia da arte, historia da música e da danza, latín II, literatura universal, matemáticas II, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II, química, técnicas de expresión gráfico-plástica e xeografía.

Podes informarte sobre outros aspectos no seguinte enlace:  


CONVOCATORIA

PORTAL PREMIOSBAC

No hay comentarios: