lunes, 23 de mayo de 2016

Familia Profesional IMAXE e SON

A familia Profesional de "Imaxe e Son" forma parte dunha das vinteseis familias profesionais que engloban a Formación Profesional. Como sabedes a maioría das Familias profesionais están compostas por ciclos de formación básica, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

A Familia Profesional de Imaxe e son, está configurada polos seguintes ciclos:

Grao Medio 

CM Video disc-jockey e son

Grao Superior

CS Produción de audiovisuais e espectáculos

CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

CS Son para audiovisuais e espectáculos

CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe

Para o acceso ao grao medio precisas ter o Titulo de Graduado na ESO.

Para o acceso ao grao superior, ata este curso, era preciso estar en posesión do Titulo de Bacharel ou a superación dunha proba para maiores de dazanove anos baseada en contidos do bacharel. Na actualidade, de cara ao vindeiro curso, será posible acceder logo de superar un Ciclo Formativo de Grao Medio (estar en posesión dun Titulo de Técnico). En todo caso, haberá que esperar á publicación dos

Imos ver, dun xeito básico, que podes aprender nestes ciclos:

CM Video disc-jockey e son: Aprenderás a preparar e realizar sesións musicais e visuais en directo, realizando mesturas, gravacións, reproduccións de sons, etc.

CS Produción de audiovisuais e espectáculos:  Aprenderas a planificar e organizar todos os recursos (humanos, técnicos, económicos, etc) necesarios para unha producción no campo do audiovisual, da animación, do cine, da radio, etc.

https://youtu.be/667fsAvhS3c

CS Realización de proxectos audiovisuais e espectáculos. Organizarás a preparación, realización e montaxe  de proxectos audiovisiuais que se desenvolvan en directo ou sexan gravados coordinando todos os medios necesarios.

https://youtu.be/a6-vvzZO0ek

CS Animacións 3D, xogos e contornos interactivos. Realizar animacións 2D e 3D para todo tipo de produccións audiovisual.

CS Son para audiovisuais e espectáculos. Aprenderás todas as tarefas relacionadas co son nunha producción audivisual (captar, gravar, emitir, ....)

https://youtu.be/u29h9ca50Ao

CS Iluminación, captación e tratamento de imaxe. Aprenderás todas as tarefas relacionadas coa imaxe.
https://youtu.be/pZs0ouu6sfA

Podes consultar todas as materias ou módulos que configuran cada ciclo no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6098

Na Escola de Imaxe e Son de A Coruña podes cursar toda a oferta de grao superior.

VER OUTRAS LOCALIZADES





No hay comentarios: