sábado, 13 de mayo de 2017

O paso a 2º da ESO.

Se estás en 1º da ESO recorda que:

  • O curso no instituto non remata no mes de xuño. Se non superas todas as materias, poderás presentarte á convocatoria extraordinaria do mes de setembro. Esos exámes se celebrarán nos primeiros días e o calendario coas datas e horarios figurarán na páxina web do centro.
  • Se tras a convocatoria de setembro tes como moito suspensas dúas materias que, como norma xeral, non sexan simultaneamente "Matemáticas e Lingua Galega" ou "Matemáticas e Lingua Castelá" poderás promocionar ao curso seguinte.
  • As materias de 1º que teñas suspensas deberás de recuperalas a través dun plan de traballo e de exámes que se irán celebrando durante o curso. De todo esto te informarán os profes durante o mes de outubro.  

Imos ver agora que materias terás en 2º da ESO.

MATERIAS TRONCAIS XERAIS



Física e Química 
Xeografía e Historia
Lingua Castelá e Literatura. 
Lingua Galega e Literatura (materia de configuración autonómica).
Matemáticas
Primeira Lingua Estranxeira.     

Recordade que a primeira lingua estranxeira non se pode modificar ao longo dunha etapa educativa. Por exemplo: se escolliches francés como Primeira Lingua Estranxeira, deberás de cursala durante toda a ESO. 

MATERIAS ESPECÍFICAS



E.Física
Música
Tecnoloxía
Elexir unha: Relixión ou Valores Éticos (podes cambiar esta opción cada curso) 

2ª Lingua estranxeira. No voso caso Francés xa que non hai neste curso alumnos que cursen francés como primeira LE 
     
Ademáis completarás a túa formación escollendo unha das seguintes materias non cursadas con anterioridade. Terás que colocalas por orde de preferencia. 


  • Oratoria
  • Promoción de hábitos de vida saúdable.
  • Programación. 
      

No hay comentarios: