domingo, 8 de mayo de 2016

O PASO A 4º DA ESO.

O primeiro que temos que facer é recordar os criterios de promoción ao curso seguinte: 

Xa estades no sistema LOMCE polo que para pasar de curso podedes ter ata dúas materias avaliadas negativamente tras a convocatoria de setembro, ahora ben, as materias suspensas, como norma xeral, non poderían ser simultáneamente: 

- Matemáticas e Lingua Galega 
- Matemáticas e Lingua Castelá

Se tes materias pendentes doutros cursos deberás de contabilizalas. 

Se xa repetiches 3º pero non estas en condicións de promocionar, pasarás a 4º igualmente por "imperativo legal". Está situación non é ideal polo que podes barallar outras alternativas como a incorporación a unha ensinanza de tipo profesional (Formación Profesional Básica). Podes obter máis información sobre isto no seguinte enlace ou pasarte polo Departamento de Orientación:   

A algún de vos se lle ofrecerá a oportunidade de incorporarse a un "Programa de Mellora de Aprendizaxe e Rendemento" para repetir 3º da ESO.  

Como xa sabedes o vindeiro curso entrará a Reforma Educativa nos cursos pares (2º e 4º da ESO) polo que é importante que coñezades os cambios que se van dar: 

A primeira decisión importante é elexir que tipo de 4º vou realizar: 


"Ensinanzas Académicas ou Ensinanzas aplicadas"

Esta decisión é moi importante xa que condicionará o teu futuro.

A) Ensinanzas Académicas: Trátase dun curso orientado á realización posterior dun Bacharelato. 

B) Ensinanzas Aplicadas: Este curso está orientado ao alumnado que ten pensado cursar con posterioridade Formación Profesional. 

Ao remate de cada un dos cursos haberá unha proba de avaliación final que será diferente para cada tipo de 4º da ESO. O resultado final para decidir que superaches a ESO se formulará do seguinte xeito: 

-Cun peso do 70 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en educación secundaria obrigatoria.
-Cun peso do 30 %, a nota obtida na avaliación final da educación secundaria obrigatoria.


Imos adentrarnos en cada 4º da ESO, tendo en conta a oferta do IES Miraflores.  

4º ESO

ENSINAZAS ACADÉMICAS
Xeografía e Historia 
L.Cast.
E.Física
L.Galega
1ª Lingua Estranxeira:
FRANCÉS
INGLÉS
Matemáticas académicas
Elexir dúas Trocais:

Bio-Xeoloxía
Economía
Fisica e Química
Latín
     Elexir dúas:


Cultura Científica
Cultura Clásica
Plástica
Filosofía
Música
TIC
2ª Lingua estranxeira
Troncal no cursada



Elexir unha:

Relixión 
Valores Éticos




ENSINANZAS
APLICADAS
Xeografía e Historia
L.Cast.
E.Física
L.Galega
1ª Lingua Estranxeira:
FRANCÉS
INGLÉS
Matemáticas aplicadas
Elexir dúas:
  • C.aplicadas a actividade profesional
  • Iniciación actividade emprendedora
  • Tecnoloxía



O que aparece no recadro é a oferta que se vai facer no IES Miraflores. Esta oferta poderá sofrir modificacións en funcións de instruccións ou normativa que poida publicar a Consellería de Educación. 

É importante que á hora de elixir as materias de 4º pensedes nas modalidades de bacharelato e as asignaturas que as compoñen, así como no que vos gustaría seguir estudando despois. 

Se trata de aplicar o sentido común. As modalidades de Bacharelato:  

  • Artes (O IES Miraflores non oferta esta modalidade de Bacharelato. Se estás interesado nela, recorda facer a túa solicitude de praza en marzo do 2017, no centro que máis te interese). 
  • Ciencias e Tecnoloxía
  • Humanidades e Ciencias Sociais
Se tes pensado facer un Bacharelato de Humanidades, a materia de Latín será importante. O mesmo ocorre coa Economía se desexas realizar un Bacharelato de Ciencias Sociais. Se prefires escoller un Bacharelato Científico a Física e a Química son fundamentais e a Bioloxía tamén ainda que os vaiades cara a opcións de ciencias da natureza.   

Aspectos que deberás de ter en conta:  

  • A materia que escolleras como primeira lingua estranxeira non se poderá cambiar ata que remates a ESO. 
  • Podes elexir o cambio entre Relixión e Valores Éticos.
  • É impensable non cursar, por exemplo, Física e Química porque "non se me da ben" e despoís querer cursar un Bacharelato de Ciencias porque quero "ser médico". Aínda que non sabemos como vai a ser o voso sistema de acceso á Universidade, é importante que revises o actual é analices que asignaturas son as máis importantes para cada grao universitario. Mira no seguinte enlace. Atoparás todos os graos que se imparten no sistema universitario galego na actualidade. Se algún deles te interesa, fíxate nas materias de bacharelato onde aparece un 0,2. 

  • Hay materias que poden resultar interdisciplinares como a TIC (Tecnoloxía da información e a comunicación). 
  • A aprendizaxe de varias linguas estranxeiras pode axudarte a atopar un traballo con maior facilidade. 

No hay comentarios: