martes, 17 de mayo de 2016

O paso de 1º a 2º de Bacharelato.

O primeiro que temos que recordar nesta sesión son algunhas cuestións referidas á avaliacion e a promoción:


  • Paso a 2º con todas as materias avaliadas positivamente ou como moito con dúas suspensas trala avaliación extraordinaria de setembro. Nese caso haberá que matricularse en 2º das pendentes de 1º e superalas seguindo as indicacións que os Departamentos Didácticos vos darán no mes de outubro (plan de traballo e exames)



  • Só se poderá permanecer no bachiller ordinario durante catro anos. Poderedes repetir cada curso unha soa vez ainda que excepcionalmente poderedes repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente. 



  • É posible o cambio de modalidade de 1º a 2º de Bach. A Consellería establecerá as condicións nas que un alumno ou unha alumna que cursasen o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poidan pasar ao segundo nunha modalidade distinta. Como estamos nun momento de desenvolvemento de lexislación, se este é teu caso é mellor que o falemos directamente e realicemos unha consulta. 



  • Cando remates 2º curso, se tes avaliación negativa nalgunhas materias poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo. 



  • ¿Cómo vou a obter o Titulo de Bacharel?. Haberá que superar a avaliación final de bacharelato e obter unha cualificación final de bacharelato igual ou superior a 5 puntos sobre 10. A cualificación final desta etapa deducirase da seguinte ponderación: 



a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na avaliación final de bacharelato.

  • ¿Que pasará no voso curso tras a temida avaliación final ou reválida?. A avaliación final de bacharelato correspondente ás dúas convocatorias que se realicen no ano 2017 terase en conta unicamente para o acceso á universidade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de bacharelato. Sobre cómo vai ser esta proba o único que coñecemos é un BORRADOR de Proxecto Ministerial e a seguinte información publicada na lexislación galega sobre as materias examinables .

a) Todas as materias xerais cursadas no bloque de materias troncais. No suposto de materias que impliquen continuidade, terase en conta só a cursada en segundo curso.
b) Dúas materias de opción cursadas no bloque de materias troncais, en calquera dos cursos. As materias que impliquen continuidade entre os cursos primeiro e segundo só computarán como unha materia; neste suposto terase en conta só a materia cursada en segundo curso. 
c) Unha materia do bloque de materias específicas cursada en calquera dos cursos, que non sexa Educación Física nin Relixión. 


Imos agora a introducirnos na organización do 2º curso. Para iso temos que coñecer primeiro a continuidade entre as materias: 

A superación dalgunhas materias de 2º estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso por implicar continuidade. As materias afectadas por este principio son: 

  • Lingua Galega e Literatura I// Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Castelá e Literatura I //Lingua Castelá e Literatura II 
  • Matemáticas I //Matemáticas II 
  • Primeira Lingua Estranxeira I //Primeira Lingua Estranxeira II 
  • Debuxo Técnico I //Debuxo Técnico II 
  • Latín I// Latín II 
  • Grego I// Grego II 
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Fundamentos da Arte I// Fundamentos da Arte II
  • Cultura Audiovisual I// Cultura Audiovisual II
  • Análise Musical I// Análise Musical II 
  • Debuxo Artístico I// Debuxo Artístico II 
  • Segunda Lingua Estranxeira I// Segunda Lingua Estranxeira II 
  • Tecnoloxía Industrial I //Tecnoloxía Industrial II
  • TIC I //TICII
  • Física e Química //Física/Química 
  • Bioloxía e Xeoloxía //Bioloxía/Xeoloxía


En todo caso, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente. 

 2º CURSO 

MODALIDADE CIENCIAS. Terás as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: 

  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II.
  • Primeira Lingua Estranxeira II.
  • Matemáticas II.
  • Dúas materias máis de entre as seguintes materias de opción 



1º) Bioloxía. 
2º) Debuxo Técnico II.
3º) Física. 
4º) Xeoloxía. 
5º) Química.

  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura



MODALIDADE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II. 
  • Primeira Lingua Estranxeira II. 
  • Para o itinerario de humanidades, Latín II e para o itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.
  • Dúas materias de entre as seguintes materias de opción: 

1º) Economía da Empresa.
2º) Xeografía.
3º) Grego II. 
4º) Historia da Arte.
5º) Historia da Filosofía.
  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura

A todo isto haberá que completar o curriculum co seguinte cadro da oferta do Miraflores que está calculada para que poidas completar o teu curriculum coas horas  exactas que esixe a lei.

OPCIÓN 4+3+1 MODALIDADE DE CIENCIAS

Materias de 4 H (Elexir unha)
Troncal no cursada
Bioloxía
Debuxo Ténico II
Física
Quimica
Xeoloxía

Materias de 3H. (Elexir unha)
Ciencias da Terra
Fundamentos Admin.
Hª Música
Psicoloxía
Tecnoloxía II
TIC II
2º Lingua Estranxeira (Francés ou Inglés)

Materias de 1 H. (Elexir unha). 

Relixión ou Reforzo en calquera das materias que aparecen a continuación:
L.Española
Inglés
Física
Química
Matemáticas
Francés
Bioloxía
Lingua Galega e Literatura. 

OPCIÓN 4+3+1 MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Materias de 4 H (Elexir unha)
Troncal no cursada
Economía de la empresa
Xeografía
Grego II
Latin II
Matemáticas aplicadas II
Hª Arte
Hª Filosofía

Materias de 3H. (Elexir unha)
Fundamentos Admin
Hª Música
Psicoloxía
TIC II
2º Lingua Estranxeira (Frances ou Inglés)

Materias de 1 H. (Elexir unha)
Relixión ou Reforzo en calquera das materias que aparecen a continuación:
L.Española 
Inglés
Francés
Lingua Galega e Literatura
Economía da empresa
Matemáticas 


Respecto do acceso á Universidade , entendemos que a mellor opción ata que teñamos información, vai ser aplicar o sentido común e revisar os paramétros de ponderación de cada materia para o grao que queirades cursar. No seguinte enlace podemos atopar os diferentes graos universitarios, a rama de coñecemento á que están vinculadas e as materias de maior peso que aparecerán calificadas con un 0,2. 


Se vos fixades no Grao en Mediciña, resulta que aparecen dúas materias con un 0,2: Bioloxía e Química. Pois ben, esas materias son fundamentales para dito grao. Está claro que se esas materias foron fundamentais ata agora non van a deixar de selo ainda que cambie o sistema de acceso á universidade. 

Para os que estades cansos do Bacharelato non esquezades que podedes acceder a FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO xa que tedes o Titulo de Graduado. De cara ao vindeiro curso o paso de Grao Medio a Superior se contempla sen necesidade de proba ou de ter cursado o bacharelato. É suficiente co Titulo de Técnico. Se queredes consultar a oferta de ciclos nas 26 familias profesionais podedes facelo no seguinte enlace: 


Tamén podedes pasar polo Departamento de Orientación para informarvos sobre outros aspectos. 

No hay comentarios: