lunes, 10 de octubre de 2016

A incorporación ao instituto. Algunhas consideracións para afrontar o cambio en familia

Hoxe celebrarase a reunión coas familias de 1º da ESO e con motivo dela recupero esta entrada por si puidera ser de interese ás novas familias do IES Miraflores.   

A incorporación ao ensino secundario ten algunhas implicacións para os nosos fillos que debemos coñecer, asimilar e saber afrontar.   

Reaxuste de horarios. Non só nos tocará levantarse máis cedo senon que terá que axustar o seu horario para dedicarlle máis tempo ao traballo persoal na casa, tendo en conta que perseguimos acadar maiores niveis de autonomía. 

Adaptacións a novos espacios xa que nos movemos de aula cada 50 minutos, a novos compañeiros, a profes con estilos educativos diversos ou a materias que nunca tiveron como o francés. 
  
A nivel de centro, integrarse nun clima descoñecido sobre o que circulan "mitos".

Adaptarse á presión dunha ensinanza que ten un carácter terminal, que nos prepara para seguir estudiando ou incorporarnos ao mundo laboral.

Todo isto levará o seu tempo... e ademáis haberá que engadirlle os cambios que supoñen entrar na "Adolescencia". 

Repasemos algúns destes cambios: 

A nivel físico:

Os cambios son moi evidentes e irreversibles. Non poden elexilos e cando creían que xa se coñecían resulta que teñen que elaborar unha nova imaxe de si mesmos e interiorizala. Escoitaredes "non me gusto" "soy fea/o", etc
  • Ao mesmo tempo prodúcese un aunmento da competencia física que pode traducirse no interese polo deporte, por sentirse guapo/a e por achegarse aos cánones de beleza impostos na sociedade coa influencia dos medios de comunicación. 

A nivel psicolóxico: 
  • Haberá cambios de personalidade xurdindo en moitos casos inseguridade, sentimientos de inferioridade, enfados, egocentrismo...A súa resposta será pasar tempo na súa habitación, tumbarse na cama, mergullarse no mundo das novas tecnoloxías e das redes sociais.  
  • O seu referente xa non seredes os pais senón o grupo de iguais. Na pandilla, sentirase máis libre para facer as cousas que na casa non pode facer, atoparase con persoas cos mesmos gustos, intereses e problemas ca él/ela. A crítica aos pais e ao profesorado poden adquirir peso nas súas conversas pero tócanos a cada un facer o noso papel. 
  • Agruparanse por estilos,  gustos o intereses. Vestirán igual, falarán igual, ou escoitarán a mesma música, ...será a forma de reafirmarse e de alonxarse do mundo adulto. 

A nivel intelectual: 

Irán aumentando a súa capacidad de comprensión a todos os niveis e precisaredes argumentos e razóns de peso para convencelos de algo. 

Algunhas orientacións: 

  • A necesidade deles de ser independientes dos pais ou de manterse máis alonxados non implica que teñades que aparcar a vosa labor.  Os enfados co mundo, os sentimentos de seres incomprendidos, as actitudes de superioridade, no deben de alonxarnos do establecemento e cumprimento de normas, de exercer a autoridade de pais. 
  • Manter unha comunicación fluída escola-familia, a través de contactos co titor/a e se fora necesario co departamento de orientación. 

  • Realizar tarefas de "Acompañamento": Emocionalmente, trasmitíndolles que entendedes como se sinten, axudándolles no primeiro ano a organizar e planificar o seu tempo, proporcionándolles na medida do posible as condicións idoneas para estudar,...





2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias. Estuvo bien la reunión. Esperemos que nos vaya bien en esta nueva etapa que empezamos. Un saludo.

Esther Zas dijo...

Gracias, muy interesante el blog, en esta nueva etapa será de gran utilidad, sobre todo, sino hay ninguna experiencia previa con adolescentes. Un saludo