lunes, 30 de enero de 2017

Convocatoria Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior.


O día 6 de febreiro comeza o prazo de inscripción para presentarse ás probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao superior.
Recórdovos que na actualidade pode accederse a estes ciclos mediante diferentes procedementos: Título de Bacharel, proba de acceso o Titulo de Técnico de Grao Medio.

Se tes 19 anos ou os cumpres no ano natural de celebración da proba podes inscribirte gratuítamente para realizala. Pode ser unha boa oportunidade para os que estades en bacharelato e non tedes previsións de obter o Titulo ou simplemente queredes asegurar outra forma de acceso a FP de Grao Superior.

Informacións de interese:
Datas e lugares de inscrición:

No seguinte enlace poderás nuns días realizar a inscrición telemática da que posteriormente deberás de presentar copia en calquera centro que imparta Formación Profesional.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Prazo de presentación:

Entre os días  6 e 15 de febreiro de 2017.

No seguinte calendario podes ver todas as datas de interese (inscrición, reclamacións, celebración das probas, etc)

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Probas%20acceso/2017/calendario_probas_acceso_2017.pdf

Estrutura e organización da proba: 

Parte común: Lingua galega, Lingua castelá e Matemáticas.
Parte específica. Tres opcións en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso (Podes consultar a opción máis axeitada para tí no departamento de Orientación ou no anexo da convocatoria).  Deberás de elexir no momento de presentación da solicitude as dúas materias das que desexes examinarte:   

Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía e cidadanía.
Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía. 

Enlaces á Convocatoria

Podes informarte sobre ciclos no seguinte enlace ou pasar nun recreo polo Departamento de Orientación.

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp





martes, 24 de enero de 2017

Información sobre Probas de Acceso á Universidade

Recibiuse circular informativa da CIUG que pode conter información de interese para o alumnado de 2º de Bacharelato.

Datas Probas de Acceso á Universidade:

Convocatoria ordinaria: 7,8 e 9 de XUÑO.
Convocatoria extraordinaria: 13, 14 e 15 de SETEMBRO.

Nestes días comenzamos a coñecer criterios e modelos de exames dalgunhas materias e, polo que podemos observar, non se diferencian moito do que se estaba a facer ata o momento.
Do relativo aos exames de cada materia o profesorado informará ao alumnado nas clases. Cando se saiba oficialmente a estructura das probas, valores de ponderación e outras informacións de interese sobre as PAU en Galicia, o Departamento de Orientación procederá a informar ao alumnado. 

lunes, 9 de enero de 2017

Actividade de formación para o profesorado

O vindeiro luns 16 de xaneiro, ás 18:15, terá lugar na Biblioteca do IES Miraflores unha actividade formativa para o profesorado sobre o Síndrome de Asperger. A charla será impartida por técnicos da Asociación Asperga. Terá unha duración de dúas horas para realizar unha breve exposición das características das persoas que padecen este síndrome, falar da atención no aula e analizar un caso práctico.

Rogámosvos que confirmedes asistencia no Departamento de Orientación. 

Actividades para as titorias mes de Xaneiro.


Como ben sabedes na última semana de decembro a ONG "Miradas al Mundo" estivo impartindo charlas informativas sobre o seu traballo en Guinea. Tendo presente esto, vanse lanzar unha serie de iniciativas durante este trimestre para colaborar con esta organización na mellora da poboación coa que traballan.

A primeira de todas consiste en colaborar na recollida de diferentes cousas que paso a relatar:

  • Material escolar (libretas usadas que ainda teñan follas brancas, lápices, bolígrafos, ceras, rotuladores, etc.)
  • Calzado deportivo usado que xa non nos sirve ou non nos gusta.
  • Bicicletas que xa non usemos.
  • Comida envasada en botes de cristal (lentellas, garbanzos,...) xa que eses botes poderán ser usados alí para envasar mermeladas.
  • Se alguén, de casualidade, puiderá ter contos ou libros en portugués que non queira tamén serve.
  • Algunha colcha ou manta fina usada.

Todos estos obxectos serán enviados nun camión no mes de febreiro. É importante que durante as titorías recordededes aos rapaces que poden depositar as súas aportacións na entrada do instituto a partir da vindeira semana. 

Ao marxen desta recollida, vos propoñemos que nas horas de titoría o alumnado busque información sobre Guinea e se realicen paneis ou murais que se poidan expoñer no centro durante este trimestre.

Os murais poderían incluir:
  • Localización do pais
  • Datos demográficos, socioeconómicos, políticos, de educación, vestimentas, música, costumes ....
  • Indagar no tipo de vida que leva un rapaz guineano e un español.
  • Ilustrar algúnha persoaxe importante no pais.
  • Calquera outra cosa que se vos poda ocurrir.

Outras actividades non tan centradas na colaboración coa ONG por si vos pareceran máis interesantes pasra traballar nas sesións de titoría xiran arredor da celebración do Día da Paz e a Non Violencia o 30 de Xaneiro e as propostas son para traballar en pequenos grupos:

  • Elaborar paneis, murais... onde se recolla unha idea relacionada co tema da paz, a igualdade, axuda aos demáis, etc. Pode ser debuxado pero tamén con recortes de revista, xornal, etc. Cada grupo expón o seu traballo ao grupo-clase. Os traballos poderán estar expostos nun corredor antes do día da paz.
  • Os alumnos recopilarán entre a música que coñecen e a que escoitan habitualmente diversas cancións nas que o contido non fomente a paz, a tolerancia, o diálogo. Posteriormente poden preparar unha audición con cancións alternativas.
  • Recoller dos xornais e revistas noticias e artígos que denoten falta de entendemento, tolerancia ou diálogo. Estudiar e facer o seguimento dun caso concreto.
  • Coñecer personaxes do noso século que son famosos pola súa entrega a causas xustas: loita contra o racismo, solidaridade, etc. Busca de información e elaboración de traballos sobre as diferentes persoaxes.




Nas imaxes podedes ver a Bebe e a María nalgunha das charlas. Más información sobre esta ONG, no seguinte enlace: