lunes, 30 de enero de 2017

Convocatoria Probas de Acceso a Ciclos Formativos de Grao Superior.


O día 6 de febreiro comeza o prazo de inscripción para presentarse ás probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao superior.
Recórdovos que na actualidade pode accederse a estes ciclos mediante diferentes procedementos: Título de Bacharel, proba de acceso o Titulo de Técnico de Grao Medio.

Se tes 19 anos ou os cumpres no ano natural de celebración da proba podes inscribirte gratuítamente para realizala. Pode ser unha boa oportunidade para os que estades en bacharelato e non tedes previsións de obter o Titulo ou simplemente queredes asegurar outra forma de acceso a FP de Grao Superior.

Informacións de interese:
Datas e lugares de inscrición:

No seguinte enlace poderás nuns días realizar a inscrición telemática da que posteriormente deberás de presentar copia en calquera centro que imparta Formación Profesional.

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Prazo de presentación:

Entre os días  6 e 15 de febreiro de 2017.

No seguinte calendario podes ver todas as datas de interese (inscrición, reclamacións, celebración das probas, etc)

http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Probas%20acceso/2017/calendario_probas_acceso_2017.pdf

Estrutura e organización da proba: 

Parte común: Lingua galega, Lingua castelá e Matemáticas.
Parte específica. Tres opcións en función das familias profesionais e os ciclos formativos a que posibilita o acceso (Podes consultar a opción máis axeitada para tí no departamento de Orientación ou no anexo da convocatoria).  Deberás de elexir no momento de presentación da solicitude as dúas materias das que desexes examinarte:   

Opción A: Economía da empresa, Lingua estranxeira (inglés ou francés) e Filosofía e cidadanía.
Opción B: Debuxo técnico, Tecnoloxía industrial e Física.
Opción C: Ciencias da terra e ambientais, Química e Bioloxía. 

Enlaces á Convocatoria

Podes informarte sobre ciclos no seguinte enlace ou pasar nun recreo polo Departamento de Orientación.

http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp





No hay comentarios: