lunes, 13 de febrero de 2017

Sensibles, concienciados e colaboradores...Así somos no IES MIRAFLORES.

Esta entrada do blog vai adicada a tod@s os que formades parte da Comunidade Educativa do IES Miraflores. A vosa xenerosidade fixo que puideramos contribuir case a encher o camión que o día 18 de este mes salirá camiño de Guinea-Bissau. Case douscentos pares de zapatillas deportivas, caixas e caixas de material escolar reutilizable e tamén novo, sábanas, colchas, bicis, ..., só podemos decirvos GRAZAS porque non esperabamos unha resposta tan grande.

Na imaxe podedes ver a BEBE só con unha pequena parte do material que se donou.

Actividade de formación para alumnado e profes.

O vindeiro mércores 15 de febreiro, contaremos no centro con  Pablo Menéndez, Director Asistente de JFK School Beckton (Londres), centro especializado para alumnos con autismo, y Specilaist Leader in Education para Swiss Cottage School.

Teremos a sorte de poder falar con él e coñecer o seu traballo no grupo da materia optativa "Psicoloxía" de 2º de Bacharelato, en horario de maña y en unha charla impartida en inglés. Se falta o teu profe e te apetece asistir podes vir á nosa clase.

Pola tarde, xa para profes desenvolveremos unha actividade formativa na Biblioteca entre as 16:30 e ás 18:00.

Para saber máis sobre o centro que dirixe Pablo podes pinchar no seguinte enlace: 




http://www.johnfkennedy.newham.sch.uk/jfk-beckton-staff/

martes, 7 de febrero de 2017

Convocatoria de probas para o acceso a Formación Profesional de Grao Medio

Se tes 17 anos ou os cumpres durante o 2017 e ainda non tes o Título de Graduado na ESO, tes a oportunidade de presentarte as probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio.

O periodo para inscribirte comeza o vindeiro 13 de marzo e remata o día 23 do mesmo mes. A continuación tedes o calendario de celebración das probas para que poidades comprobalo.

CALENDARIO DAS PROBAS
O día do exáme será o 31 de maio.

As persoas que acudan a estas probas poderén acceder á reserva de prazas para os ciclos de grao medio. Recordade que na actualidade é posible pasar dos ciclos formativos de grao medio aos de grao superior directamente.

Se cumpres os requisitos de idade, estas a piques de rematar a ESO pero non tes claro que vaias a obter o Titulo de Graduado ou é probable que teñas que presentarte á convocatoria de setembro, a nosa recomendación é que te presentes. É gratuíto é  sempre aprenderás da experiencia de presentarte a unha proba que se celebra fora do centro escolar.

No portal da xunta habilitarán un enlace para que poidas facer a túa inscrición online e, con posterioridade, entregar copia nun centro educativo onde impartan formación profesional.

MODELO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

Recorda que:

A proba se divide en tres partes:

  1. - Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  2. - Matemática: matemáticas.
  3. - Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
Podes ver modelos de exames de cursos anteriores no seguinte enlace: