martes, 7 de febrero de 2017

Convocatoria de probas para o acceso a Formación Profesional de Grao Medio

Se tes 17 anos ou os cumpres durante o 2017 e ainda non tes o Título de Graduado na ESO, tes a oportunidade de presentarte as probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio.

O periodo para inscribirte comeza o vindeiro 13 de marzo e remata o día 23 do mesmo mes. A continuación tedes o calendario de celebración das probas para que poidades comprobalo.

CALENDARIO DAS PROBAS
O día do exáme será o 31 de maio.

As persoas que acudan a estas probas poderén acceder á reserva de prazas para os ciclos de grao medio. Recordade que na actualidade é posible pasar dos ciclos formativos de grao medio aos de grao superior directamente.

Se cumpres os requisitos de idade, estas a piques de rematar a ESO pero non tes claro que vaias a obter o Titulo de Graduado ou é probable que teñas que presentarte á convocatoria de setembro, a nosa recomendación é que te presentes. É gratuíto é  sempre aprenderás da experiencia de presentarte a unha proba que se celebra fora do centro escolar.

No portal da xunta habilitarán un enlace para que poidas facer a túa inscrición online e, con posterioridade, entregar copia nun centro educativo onde impartan formación profesional.

MODELO DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

Recorda que:

A proba se divide en tres partes:

  1. - Sociolingüística: Lingua castelá, Lingua galega, Ciencias sociais.
  2. - Matemática: matemáticas.
  3. - Científico-técnica: Ciencias da natureza, Tecnoloxía.
Podes ver modelos de exames de cursos anteriores no seguinte enlace: 


No hay comentarios: