martes, 2 de mayo de 2017

Convocatoria de Campus Verá XuvenCiencia.

O vindeiro 8 de maio remata o prazo de preincrición para participar no V Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da Universidade de Santiago de Compostela no que cento trinta estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias relacionadas co mundo científico. 

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo  e vai dirixido ao alumnado de 4º de ESO e 1º de BAC.

O fomento da convivencia, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso, na edición deste ano, optarase por ofertar un maior número de prazas con aloxamento. O custe da matrícula con aloxamento é 140 €. Ofrecerase tamén un número limitado de prazas sen aloxamento cun custe de 75 € para aquel alumnado que prefira decantarse por esta modalidade.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertamos durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.
A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas de tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. O Campus con aloxamento inclúe todo o anterior máis actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en residencias en Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

No seguinte enlace podedes atopar máis información:


www.usc.es/xuvenciencia/campus

No hay comentarios: