jueves, 4 de mayo de 2017

Convocatoria premios extraordinarios de bacharelato.

No DOG do 4 de maio, publícase a orde que convoca os "Premios Extraordinarios de Bacharelato". Poderán concorrer aqueles alumnos/as que remate en xuño o 2º de Bacharelato, obtendo unha cualificación igual o superior a 8,75.

Os alumnos deberán de inscribirse a título persoal para a realización das probas que constarán de dúas partes:


  • Primeira parte, para desenvolver en dúas horas: Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario e resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente. 
  • Segunda parte, para desenvolver nunha hora: Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da Arte II. 2. 


Os alumnos gañadores, ademáis da correspondente certificación terán a matricula do primeiro ano de universidade gratis. 

No seguinte enlace podedes obter máis información sobre esta convocatoria así como os procedementos para realizar a inscripción: 

No hay comentarios: