lunes, 8 de mayo de 2017

E LOGO DE 4º DA ESO QUE...??

O primeiro que temos que ter en conta son os criterios para obter o Titulo de Graduado. Deberás de aprobar todas as materias. Logo da avaliación extraordinaria de setembro, se tes ata dúas materias avaliadas negativamente pero te presentaches a os exames e demostraches neles interese por superar as dificultades poderás obter igualmente o Titulo de Graduado sempre que as materias non sexan simultáneamente Matemáticas e unha das linguas (galega ou castelá). 

RECORDA QUE: 

Se non obtiveches o Titulo e tes esgotadas as posibilidades de repetición (dúas en toda a ESO) poderás matricularte en Educacion de Adultos para poder acadalo. Hay moitas modalidades para facelo e poderás consultar no Departamento de Orientación a modalidade máis axustada ás túas necesidades. En todo caso, deixo un enlace á páxina de referencia para a educación de adultos.


Se tes que repetir é importante que avalies se as materias escollidas foron as que mas te conviñan.

Co Titulo de Graduado tes básicamente dúas opcións académicas, ainda que unha delas ten un caracter máis profesionalizador:

1. O Bacharelato
2. A Formación Profesional: Ciclo Formativo de Grao Medio.

O BACHARELATO

  • O Bacharelato é unha etapa educativa non obligatoria, cunha duración de 2 cursos.
  • Se trás os exames de setembro o Equipo de Profes decide propoñerte para o título de Graduado de forma extraordinaria con unha ou dous materias xa que durante todo o curso te esforzaches e o examen de setembro estaba próximo ao aprobado, debes plantexarte se o Bacharelato é unha vía para tí, xa que require dun esforzo académico considerable. Se ainda así decides intentalo, moito ollo con escoller materias no bacharel que non fuches quen de superar en 4º. 
  • A súa finalidade é orientar e preparar para estudos e formación posterior: Universidade, Ciclos de Grao Superior de Formación Profesional, Ciclos de Grao Superior das Ensinanzas Deportivas, Ensinanzas Artísticas Superiores. 
  • As modalidades do BAC son:
  1. Artes
  2. Humanidades e Ciencias Sociais (Opción humanidades-Opción Ciencias sociais)
  3. Ciencias


As resaltadas en amarelo son as que poderás cursar no IES Miraflores e na maioría de centros públicos. O de Artes é moito mais específico e poderás cursalo na Coruña no IES de Adormideras.


Hay algunhas cousas previas á organización do bacharelato que debes coñecer:


  • En bacharelato promocionas ao curso seguinte con todas as materias avaliadas positivamente ou como moito con dúas suspensas trala avaliación extraordinaria de setembro. Só se poderá permanecer no bachiller ordinario durante catro anos. Poderedes repetir cada curso unha soa vez ainda que excepcionalmente poderedes repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente.

Imos agora a introducirnos na organización do 1º curso. Para iso temos que coñecer primeiro a continuidade entre as materias que te podes encontrar na oferta da noso centro:  

  • Debuxo Técnico I //Debuxo Técnico II 
  • Latín I// Latín II 
  • Grego I// Grego II 
  • Análise Musical I// Análise Musical II
  • Segunda Lingua Estranxeira I// Segunda Lingua Estranxeira II
  • Tecnoloxia Industrial I//Tecnoloxia Industrial II
  • TIC I //TICII
  • Física e Química //Física/Química
  • Bioloxía e Xeoloxía //Bioloxía/Xeoloxía

A continuidade implica que en segundo no poderás cursar unha destas materias se non cursaches a de primeiro. Se o fas “COMO NORMA XERAL”deberás de levar a materia de 1º como pendiente (nalgún caso o Departamento Didáctico podería determinar que tes os coñecementos previos para afrontar a materia de 2º).

MODALIDADE DE CIENCIAS

Materias troncais xerais
a) Filosofía.
b) Lingua Castelá e Literatura I.
c) Primeira Lingua Estranxeira I.
d) Matemáticas I.
e) Dúas de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais:


  1. Bioloxía e Xeoloxía.
  2. Debuxo Técnico I.
  3. Física e Química.

MODALIDADE HUMANIDADES

Materias xerais do bloque de materias troncais:
a) Filosofía.
b) Lingua Castelá e Literatura I.
c) Primeira Lingua Estranxeira I.
d) Para o itinerario de Humanidades, Latín I. Para o itinerario de Ciencias sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I.
e) Dúas materias de entre as seguintes materias de opción do bloque de materias troncais:

  1.  Economía.
  2.  Grego I.
  3.  Historia do Mundo Contemporáneo.
  4.  Literatura Universal.


A isto deberemos engadir a calquera das modalidades:


Unha materia especifica: Educación Física.
Unha materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura.


Faltan 6 horas para completar o teu horario e para iso tes que realizar unha combinación de materias troncais e específicas, etc.


A combinación que podes escoller no IES Miraflores son as que aparecen na folla de Prematrícula que vos imos achegar nas sesións de titoría. Inclué combinacións de materias do seguinte horario: 4+2, 3+2+1, 2+2+2


É moi importante elixir a modalidade e o itinerario que mellor se adapte á formación que se pense levar a cabo no futuro. Por esta razón, convén ter en conta:
    1. A coherencia entre as túas habilidades, preferencias, intereses e gustos persoais e as materias propias de cada modalidade.
    2. A elección dunha modalidade pode determinar a formación posterior. Pensa nos teus estudios posteriores ou na túa futura profesión.
    3. Observa a vinculación entre as modalidades de Bacharelato e as carreiras universitarias.http://ciug.gal/PDF/pondera17.pdf

    A FORMACIÓN PROFESIONAL 


    A finalidade da Formación Profesional é preparar ao alumnado para a actividade nun campo profesional e capacítalo para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións.

    Na actualidade a F.P estructúrase en Ciclos Formativos de dous graos diferentes:

    • Ciclos Formativos de Grao Medio 
    • Ciclos Formativos de Grao Superior 


    Esta estructura parece revelarse fructífera para a inserción laboral dos xóvenes e, ao mesmo tempo, parece responder adecuadamente ás necesidades do mundo productivo.

    Os Ciclos Formativos agrúpanse en Familias Profesionais, que abranguen todo o campo productivo de bens e servizos. Unha familia profesional é unha agrupación de profesións que mostran unha certa afinidade ou semallanza.

    Podes consultar todas as familias profesionais e os ciclos que as configuran no seguinte enlace:


    Como podes comprobar, cada Familia Profesional está composta por varios Ciclos formativos (de grao medio e/ou superior), e cada Ciclo formativo consta de varios Módulos (que serían o equivalente ás materias ou áreas a estudar). Estos ciclos responden a perfís profesionais demandados polo mundo productivo.

    Cada módulo ten contidos teóricos e prácticos relacionados coa profesión. As prácticas realízanse en obradoiros do centro educativo xeralmente moi ben equipados e, no último curso todos os ciclos teñen un módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) que pon en contacto ao alumnado coa experiencia real do traballo nunha empresa.

    Ademáis hai outros módulos que non son específicos da profesión e que se imparten en todos os ciclos. A pretensión deles é formar ao traballador en aspectos importantes da vida laboral; é o caso do módulo de Formación e Orientación Laboral (FOL) onde se inclúen contidos como os de prevención de riscos e seguridade no posto de traballo, búsqueda de traballo por conta allea e propia…

    O acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio é directo co Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. Se o alumno non está en condicións de obtelo e cumpre dazasete anos pode realizar unha proba para demostrar madurez. A proba consta de contidos sociolingüísticos e outros matemáticos, científicos e tecnolóxicos. Haberá que ter en conta que o alumnado que acceda por esta vía só poderá optar a unha porcentaxe concreta das prazas.

    Para o Grao Superior xa non haberá que estar en posesión do Título de Bacharelato nin presentarse a unha proba se o alumno vai a cumprir dazanove anos, no ano de celebración da mesma.  Podes acceder logo de cursar un Ciclo Formativo de Grao Medio, co teu Titulo de Técnico (tamén con reserva de prazas). 

    A Titulación

    O título que proporcionan os Ciclos Formativos de Grao Medio é o de “Técnico” na correspondente profesión. No caso de superación dun ciclo de Grao Superior a titulación é de “ Técnico Superior”. Na actualidade, ao remate de moitos dos ciclos formativos, o alumnado xa dispón dos carnets profesionais para poder insertarse no mundo laboral sen ningúnha traba.

    E despois que...

    Ainda que o obxectivo da Formación Profesional é preparar técnicos que se inserten no mundo laboral cunha preparación adecuada, as portas ao estudio non se pechan. Logo de superar un ciclo de Grao Medio, poderías estudar Bacharelato ou presentarte á proba de Grao Superior, tal e como comentabamos nas liñas anteriores.


    Recorda que se desexas cursar un Ciclo Formativo de Grao medio, poderás realizar unha prescripción online a partir do 17 de xuño apróximadamente e presentala no centro educativo onde se imparta o ciclo formativo que escollas como primeira opción. O prazo para realizar esta solicitude remata, nos primeiros días de xullo. A partir de ahi deberás de estar pendente á adxudicación de prazas na páxina "edu.xunta.es/fp", xa que terás un periodo de tempo moi curto para formalizar a matrícula ou presentar a túa renuncia.





    No hay comentarios: