domingo, 21 de mayo de 2017

EXPORIENTA MIRAFLORES

O vindeiro mércores 24 de Maio, o Departamento de Orientación organiza no centro a I Edición de EXPORIENTA. 

Reuniremos case unha treintena de entidades relacionadas coa formación e o emprego co obxecto de aproximar ao alumnado a un percorrido polo seu futuro académico e profesional. 

O alumnado poderá achegarse ao longo da mañá aos diferentes puntos informativos que se atopan distribuídos en tres zonas: 

Na zona da Formación Profesional poderán coñecer moi de cerca o traballo do alumnado de moitísimas Familias Profesionais. Contaremos cos seguintes colaboradores: 

IES Fragas do Eume que representarán toda a Familia Profesional de Hostelería e Turismo. Os alumnos do Ciclo de Servizos de Restaurante e Bar realizarán exhibicións de coctelería. 

A academia homologada "Centros Ánxela" será a responsable de achegarnos ao mundo da Estética e a Perruquería e tamén poderemos disfutar en vivo do seu traballo. 

IES Paseo das Pontes que nos informarán sobre as familias de Textil, confección e Pel  e Industrías Alimentarias. 

IES Universidade Laboral que dispón dunha ampla oferta de Formación Profesional (Electricidade e Eléctrónica; Actividades Físico-Deportivas, Marítimo-Pesqueira ...) e creo que como sorpresa traerán unha impresora 3D elaborada polo alumnado!!!!.

A Academía Nebrija será a encargada de representar ás familias profesionais de Sanidade, Comercio e Administrativo. 

Pero esto non é nada, porque poderás atoparte cun lote de exalumnos do centro que están cursando diferentes ciclos e seguro que teñen algo interesante que contarte. 

A segunda zona concentrará a oferta educativa de varias Universidades de carácter público e privado: Universidade de A Coruña, Universidade de Santiago, CESUGA, etc., así como contará coa presenza de centros de Estudios Superiores como o de Xestión Hosteleira de Santiago de Compostela ou o Centro Superior de Estudos Marcelo Macias. 

A exposición se completará con puntos informativos sobre outras saídas académico-profesionais como ás Forzas Armadas, a Academia Cervantes que nos informarán sobre a preparación de oposicións, academias de pilotos como AFN e auxiliares como Air Hostess. A Escola de Idiomas de A Coruña contará cun punto informativo para dar a coñecer todas as linguas coas que podes completar o teu curriculum e, por último, non esquezas coller información sobre a búsca activa de emprego no punto informativo da Oficina Municipal de Emprego.

Esta actividade, ten como finalidade proporcionar ao alumnado información pero sobre todo capacitalo para autoorientarse e propiciar a súa autonomía.

1 comentario:

Unknown dijo...

Noraboa e parabéns ao departamento de Orientación e ao seu profesorado. Moi bo traballo