domingo, 14 de mayo de 2017

Paso a 2º de Bacharelato

O primeiro que temos que recordar nesta sesión son algunhas cuestións referidas á avaliacion e a promoción:


  • Paso a 2º con todas as materias avaliadas positivamente ou como moito con dúas suspensas trala avaliación extraordinaria de setembro. Nese caso haberá que matricularse en 2º das pendentes de 1º e superalas seguindo as indicacións que os Departamentos Didácticos vos darán no mes de outubro (plan de traballo e exames)

  • Só se poderá permanecer no bachiller ordinario durante catro anos. Poderedes repetir cada curso unha soa vez ainda que excepcionalmente poderedes repetir un dos cursos unha segunda vez, logo dun informe favorable do equipo docente. 
  • É posible o cambio de modalidade de 1º a 2º de Bach. A Consellería establece as condicións nas que un alumno ou unha alumna que cursasen o primeiro curso de bacharelato nunha determinada modalidade poidan pasar ao segundo nunha modalidade distinta.Tes que pensar que este proceso podería implicar que leves materias das non cursadas como pendentes.
  • Cando remates 2º curso, se tes avaliación negativa nalgunhas materias poderás matricularte delas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas, ou optar por repetir o curso completo. 
  • ¿Cómo vou a obter o Titulo de Bacharel?. Na actualidade, aprobando todas as materias do Bacharelato obtés o Titulo que te permite cursar Formación Profesional de Grao Superior ou preparar oposicións, por exemplo. Pero se o que desexas é acceder á Universidade haberá que superar unhas probas y aplicar a seguinte fórmula:     
a) Cun peso do 60 %, a media das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das materias cursadas en bacharelato

b) Cun peso do 40 %, a nota obtida na FASE XERAL dos examenes de acceso á Universidade ( LG, LC, LE, Historia de España e a túa materia troncal obrigatoria).

c) Poderase sumar ata un 40% mais cos exámes do que se chama FASE ESPECIFICA onde te poderás examinar de materias troncais da modalidade que estes cursando. 

Para que sepas as que realmente te poden dar máis puntuación, convén que revises a seguinte publicación onde aparecen os graos universitarios que na actualidade se poden cursar no sistema universitario galego e as materias que poden aumentar a túa puntuación se desexas acceder a elas. Veamos: 

Táboa de ponderacións

Como podes comprobar se desexas cursas o Grao en Mediciña deberás de cursar Bioloxía e Química se queres ter opcións a subir nota e poder acadar a nota de corte necesaria. Son as únicas materias que aparecen con un 0,2 o que implica poder sumar dous puntos por cada unha de elas.

Pero que é a nota de corte??. 

É a nota que do último alumno que entrou a cursar ese grao. Eso non quere dicir que vai a ser exactamente a cualificación que ti precises pero o normal é que se achegue a esa e resulta importante que a revises para facerte unha idea das túas posibilidades. Veamos as últimas notas de corte publicadas: 

Notas de corte 

Como podes ver en Administración e Dirección de Empresas de A Coruña ofertáronse 180 prazas. No mes de Xuño aparece o número 5, 922 e setembro aparece sen número. Eso significa que non quedaron prazas para o alumnado que fixo o acceso á Universidade en setembro e que o último alumno que entrou o fixo con ese 5,922//14 puntos.

Imos agora a introducirnos na organización do 2º curso. Para iso temos que coñecer primeiro a continuidade entre as materias: 

A superación dalgunhas materias de 2º estará condicionada á superación das correspondentes materias de primeiro curso por implicar continuidade. As materias afectadas por este principio son: 

  • Lingua Galega e Literatura I// Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Castelá e Literatura I //Lingua Castelá e Literatura II 
  • Matemáticas I //Matemáticas II 
  • Primeira Lingua Estranxeira I //Primeira Lingua Estranxeira II 
  • Debuxo Técnico I //Debuxo Técnico II 
  • Latín I// Latín II 
  • Grego I// Grego II 
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I// Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Fundamentos da Arte I// Fundamentos da Arte II
  • Cultura Audiovisual I// Cultura Audiovisual II
  • Análise Musical I// Análise Musical II 
  • Debuxo Artístico I// Debuxo Artístico II 
  • Segunda Lingua Estranxeira I// Segunda Lingua Estranxeira II 
  • Tecnoloxía Industrial I //Tecnoloxía Industrial II
  • TIC I //TICII
  • Física e Química //Física/Química 
  • Bioloxía e Xeoloxía //Bioloxía/Xeoloxía


En todo caso, o alumnado poderá matricularse da materia de segundo curso sen cursar a correspondente materia de primeiro curso, sempre que o profesorado que a imparta considere que o alumno ou a alumna reúnen as condicións necesarias para poder seguir con aproveitamento a materia de segundo. En caso contrario, deberase cursar a materia de primeiro curso, que terá a consideración de materia pendente. 

 2º CURSO 

MODALIDADE CIENCIAS. Terás as seguintes materias xerais do bloque de materias troncais: 

  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II.
  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira II.
  • Materia tronal de modalidade: Matemáticas II
  • Dúas materias máis de entre as seguintes materias de opción 
1º) Bioloxía. 
2º) Debuxo Técnico II.
3º) Física. 
4º) Xeoloxía. 
5º) Química.

 Precisamente para escoller estas materias terás que revisar a táboa de ponderacións da que falábamos con anterioridade.



MODALIDADE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
  • Historia de España.
  • Lingua Castelá e Literatura II. 
  • Materia de libre configuración autonómica: Lingua Galega e Literatura
  • Primeira Lingua Estranxeira II. 
  • Para o itinerario de humanidades, Latín II e para o itinerario de Ciencias Sociais, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II.
  • Dúas materias de entre as seguintes materias de opción para as que tes que revisar os valores de ponderación: 


1º) Economía da Empresa.
2º) Xeografía.
3º) Grego II. 
4º) Historia da Arte.
5º) Historia da Filosofía.



A todo isto haberá que completar o curriculum co seguinte cadro da oferta do Miraflores que está calculada para que poidas completar o teu curriculum coas horas  exactas que esixe a lei. Imos ver as opción na folla de pre-matricula que podes descargar no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/0ByAVDF3T9WOZSDdSYU9XVS1XN0U4VDVtdWpuSjVRNjh6RWlB/view?usp=sharing

Como podes comprobar podes optar a escoller o "4+3+1" (unha materia troncal non cursada de 4 h/s, unha de 3h/s e outra de 1 h/s) ou o "3+3+2" (dúas materias de 3h/s e unha materia de 2 h/s)

Para os que estades cansos do Bacharelato non esquezades que podedes acceder a FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO MEDIO xa que tedes o Titulo de Graduado. Dende este curso o paso de Grao Medio a Superior se contempla sen necesidade de proba ou de ter cursado o bacharelato. É suficiente co Titulo de Técnico. Se queredes consultar a oferta de ciclos nas diferentes familias profesionais podedes facelo no seguinte enlace: 

Podedes ampliar esta información no Departamento de orientación. 

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Para hacer medicina, entiendo que lo mejor es coger biología y química, verdad??

marta dijo...

Buenas tardes. Efectivamente son las dos materias que ponderan con 0,2. De ellas se tendría que examinar en la fase específica de las pruebas de acceso a la universidad. Esto le permitiría subir hasta 4 puntos más.