lunes, 29 de mayo de 2017

OS FUTUROS ALUMNOS, DE VISITA....

Hoxe recibimos ao alumnado de 6º de E.P.  así que antes de nada dende o IES Miraflores queremos darvos a BENVIDA e moitos parabens porque estades preto de comezar unha nova etapa nas vosas vidas.

O PASO Á ESO:
   
 A E.S.O. (Educación Secundaria Obrigatoria), é a etapa educativa que ven despois da Educación Primaria.

    Consta de catro cursos:

1º de ESO: cúrsase con 12 ou 13 anos
2º de ESO: cúrsase con 13 ou 14 anos
3º de ESO: cúrsase con 14 ou 15 anos
4º de ESO: cúrsase con 15 ou 16 anos

Imos ver os principais cambios da nova etapa: 

Na ESO o número de horas de clase será un pouco máis elevado que na Primaria: 32 sesións á semá; cada unha de 50 minutos. Terás que vir unha tarde. Se te apetece, ese día, poderás quedarte a comer e disfrutar das actividades que organiza a Asociación de Nais e Pais de Alumnos.  

Terás materias moi parecidas as que cursaches ata agora e tamén algunha nova:    
      
*Lingua Galega : 4 horas 
*Lingua Castela : 4 horas
*1ª Lingua Estraxeira: 3 horas           
*Matemáticas: 5 horas                       
*Bioloxía e Xeoloxía: 4 horas                 
*Xeografía e Historia: 3 horas
*Educación Física: 2 horas 
*Educación Plástica e Visual : 2 horas 
*Segunda Lingua Extranxeira: 2 horas
*Relixión/Valores Éticos: 1 hora
*Matería libre configuración do centro: 1 hora.                                 

Unhas das novidades máis importantes en Secundaria é que terás que estudar a 2ª Lingua Estranxeira. Só alguns alumnos/as poderán recibir "Reforzo Educativo", se o seu Equipo Educativo así o estima convinte e sempre que haxa motivos xustificados.   

Coma na Educación Primaria terás un tit@r que impartirá unha das materias. A diferencia será que terás unha hora directa de titoría para avaliar a túa marcha académica, solventar problemas ou disfrutar de obradoiros sobre valores e prevención.


O curso no instituto remata en setembro. Hai que aprobar todas as materias. Se en xuño non o fixeches terás que vir os primeiros días de setembro e examinarte. Te entregarán unhas novas notas. Se tes todo aprobado pasarás a 2º da ESO. Con 1 ou 2 materias poderás pasar tamén a 2º sempre que non sexan simultáneamente: 


  • Matemáticas con Lingua Galega
  • Matemáticas con Lingua Castelá


Terás que comenzar a tomar, coa axuda dos teus pais, as primeiras decisións. No paso a 1º da ESO e a 2º son decisións sinxelas pero a partir de 3º curso esas decisións van a condicionar o teu futuro. Imos ver que decisións terás que tomar neste momento: 

1ª. Escoller "Francés" ou "Inglés" como Primeira L.E.Para esta decisión terás que ter en conta que non poderás cambiar durante toda a ESO. 

2ª.Escoller unha materia de libre configuración do centro. Para tomar esta decisión deberás de ter en conta que a que curses en 1º da ESO non a poderás cursar en 2º. As materias que oferta o centro son: Oratoria, Programación, Promoción de hábitos de vida saúdables e Obradoiro de Música.

3ª. Escoller "Relixión" ou "Valores éticos". Esta decisión si se pode cambiar anualmente. 


Algunhas cuestións prácticas: 


  • De luns a venres, entrarás en clase ás 8:30 e salirás ás 14:20 con dous recreos de 20 minutos. o día que teñas clase de tarde (luns ou martes) o horario será de 16:20 a 18:00. 
  • O primeiro día, terás unha presentación co tit@r , quen te facilitará o horario onde aparecerán as aulas e os profes. Aquí movémonos cada 50 minutos de aula. Parece un pouco complicado pero axiña estarás adaptado. Só tes que organizarte coa axuda da taquilla. Non te preocupes polo reloxo, temos unha alarma moi potente que indica o cambio de clase. Nos periodos de lecer soará un par de veces: unha, cinco minutos antes de que comece a clase para que te vaias preparando e otra xusto para que entres na clase. 
  • Nos recreos podes xogar no patio, ir á biblioteca e ao clube de lectura ou pasarte pola cafetería. 
  • Cada curso terás que renovar a túa matrícula na Secretaría do centro. 

Aspectos importantes para ter éxito: 
  
  • Cada profesor/a terá o seu su método de traballo e os primeiros días te facilitarán os criterios de calificación para superar a materia. 
  • Non só contan os exámes, deberás amosar un bo comportamento; estudar e facer as tarefas diariamente; manter as libretas ou arquivadores ao día. 

A continuación disfrutaremos do tempo de lecer e verémonos ás 10:30 diante da porta do Salón de Usos Múltiples para comezar a visita ás instalacións do centro. 

Disfrutade moito!! 



No hay comentarios: