martes, 30 de mayo de 2017

Recordatorio Probas de Acceso a Formación Profesional.

Mañán celébransen as probas de acceso a Formación Profesional de Grao Medio. Moitos alumnos e alumnas do IES Miraflores acudirán a examinarse. A maioría deles teñén que realizar o exámen no IES UNIVERSIDADE LABORAL. Así que haberá por alí unha profesora do IES Miraflores co obxecto de que o alumnado se sinta máis apoiado. Ás 9:00 será a presentación polo que é recomendable que o alumnado esté por alí ás 8:45.

HORARIO:

Presentación:
 – Ás 9:00 horas.
Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
 – Das 10:00 ás 13:00 horas (matemáticas, lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais).
Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 ás 18:00 horas (ciencias da natureza e tecnoloxía)

No seguinte enlace podedes ler algunhas informacións e normas a ter en conta.

Por exemplo:


  • Importante levar DNI e bolígrafos da cor indicada nas instruccións.  
  • Importante levar unha calculadora non científica para a parte científico-tecnolóxica. 
  • Moito ollo cos teléfonos ou calquera outro dispositivo electrónico que poida servir para comunicarse!!

 


No hay comentarios: