miércoles, 10 de mayo de 2017

Remato 2º da ESO (curso 2016/17)

RECORDEMOS OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Podedes promocionar a 3º da ESO con dúas materias avaliadas negativamente como máximo, tras a avaliación de setembro sempre que non sexan simultáneamente as linguas e as matemáticas É importante que non levedes materias pendentes xa que a dificultade dos cursos vai aumentando. Se en xuño non aprobades todas as materias, é fundamental que asistades aos exames extraordinarios de setembro e o fagades o mellor que poidades.

Cursaredes as seguintes MATERIAS XERAIS TRONCAIS: 
  • Lengua Castellana y Literatura.
  • Primeira Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés, a que cursachedes en 1º e 2º como primeira opción). 
  • Xeografía e Historia. 
  • Bioloxía e Xeoloxía.
  • Física e Química.
  • Matemáticas. Podedes escoller entre:  
    • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Académicas 
    • Matemáticas orientadas ás Ensinanzas Aplicadas 
Esto é así porque haberá dous tipos de 4º da ESO: un vinculado as Ensinanzas Académicas ou para iniciación ao Bacharelato e outro, de  Ensinanzas Aplicadas ou para a iniciación á Formación Profesional.

Ademáis teredes que cursar MATERIAS ESPECÍFICAS
  • Educación Física. 
  • Educación Plástica e Visual. 
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Escoller unha entre: Segunda Lingua Estranxeira ou Cultura Clásica. 
  • Escoller unha entre: Relixión ou Valores Éticos

A túa formación completarase cunha MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA: 
  • Lingua Galega e Literatura
Tamén teredes unha hora de atención directa co titor/a: TITORÍA. 

A carga horaria será a seguinte: 
  • Materias de 4 sesións: Matemáticas. 
  • Materias de 3 sesións: Lingua Galega, Lingua Castelá, Lingua Estraxeira, Xeografía e Historia
  • Materias de 2 sesións: Bio/Xeo, Fis/Quim, Educación Plástica e Visual, Tecnoloxía, Materia Optativa, Educación Física e Música. 
  • Materias de 1 sesión: Relixión ou Valores Éticos e Titoría. 
ASPECTOS A TER EN CONTA CANDO FORMALICES A MATRÍCULA

Na folla de matrícula atoparedes 2 materias optativas das que teredes que escoller 1. As opcións son: 
  • 2ª Lingua Extranxeira (Francés ou Inglés).
  • Cultura Clásica 
Tamén terás que tomar outra decisión moi importante o tipo de matemáticas que desexas cursar.

No próximo curso poderedes escoller cursar "Ciencias Sociais, Xeografía e Historia" en "Francés". É Obrigatorio que se queres escoller esta opción curses "Francés" como materia optativa. Deberedes indicar esto na folla de matrícula. 

Tamén aparecerá a opción de cursar Ciencias Sociais en Francés para isto tes que cursar tamén francés.

OUTRAS ALTERNATIVAS: 

Se xa repetiches 2º ou te foi mal e consideras que poderías ter máis éxito nuns estudios de tipo profesional, podes ir a cursar Formación Profesional Básica.  Se desexas informarte máis sobre esta vía podes facelo no seguinte enlace: 


Xa sabedes que podedes consultar as dúbidas no Departamento de Orientación ou enviando un comentario neste enlace. 

Animo que está rematando o curso, xa estades un pouco máis preto de obter o Título de Graduado.

No hay comentarios: