jueves, 18 de mayo de 2017

Remato 3º da ESO

O primeiro que temos que facer é recordar os criterios de promoción para pasar ao curso seguinte: 

  Para pasar de curso podedes ter ata dúas materias avaliadas negativamente tras a convocatoria de setembro, ahora ben, as materias suspensas, como norma xeral, non poderían ser simultáneamente: 

- Matemáticas e Lingua Galega e Literatura.
- Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura

Se tes materias pendentes doutros cursos deberás de contabilizalas. 

Se xa repetiches 3º pero non estas en condicións de promocionar, pasarás a 4º igualmente por "imperativo legal". Está situación non é ideal polo que podes barallar outras alternativas como a incorporación a unha ensinanza de tipo profesional (Formación Profesional Básica). Podes obter máis información sobre isto no seguinte enlace ou pasarte polo Departamento de Orientación:   

Os que no curso 2017/18 pasedes a 4º da ESO teredes que tomar unha decisión importante: Elexir que tipo de 4º vas realizar: "Ensinanzas Académicas ou Ensinanzas aplicadas"

Esta decisión é moi importante xa que pode condicionar o teu futuro.  

A) Ensinanzas Académicas: Trátase dun curso orientado á realización posterior dun Bacharelato. 

B) Ensinanzas Aplicadas: Este curso está orientado ao alumnado que ten pensado cursar con posterioridade Formación Profesional. 

Se te inclinas pola opción de Formación profesional podes informarte de todas as familias profesionais e os ciclos que as integran no seguinte elace: 
 http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp
Se a túa preferencia é cursar bacharelato, entón deberás de ir coñecendo as súas modalidades.Imos adentrarnos en cada 4º da ESO, tendo en conta a oferta do IES Miraflores.  


4º ESO

ENSINAZAS ACADÉMICAS
Xeografía e Historia 
L.Castelá
E.Física
L.Galega
1ª Lingua E
Matemáticas académicas
Elexir dúas Trocais:

Bio-Xeoloxía
Física e Química
Latín 
Economía
     Elexir dúas:


Cultura Científica
Cultura Clásica
Educación Plástica e Visual
Filosofía
Música
Ténoloxía
TIC
2ª Lingua E
Troncal non cursada



Elexir unha:

Relixión 
Valores Éticos




ENSINANZAS
APLICADAS
Xeografía e Historia
L.Cast.
E.Física
L.Galega
1ª Lingua E
Matemáticas aplicadas
Elexir dúas:
  • C.aplicadas a actividade profesional
  • Iniciación actividade emprendedora
  • Tecnoloxía




É importante que á hora de elixir as materias de 4º pensedes nas modalidades de bacharelato e as asignaturas que as compoñen, así como no que vos gustaría seguir estudando despois. 

Se trata de aplicar o sentido común. As modalidades de Bacharelato:  

  • Artes (O IES Miraflores non oferta esta modalidade de Bacharelato. Se estás interesado nela, recorda facer a túa solicitude de praza en marzo do 2018, no centro que máis te interese. En A Coruña podes cursalo no Centro público Adormideras). 
  • Ciencias e Tecnoloxía
  • Humanidades e Ciencias Sociais
Se tes pensado facer un Bacharelato de Humanidades, a materia de Latín será importante. O mesmo ocorre coa Economía se desexas realizar un Bacharelato de Ciencias Sociais. Se prefires escoller un Bacharelato Científico a Física e a Química son fundamentais e a Bioloxía tamén ainda que non vaiades cara a opcións de ciencias ou da saúde.   

Aspectos que deberás de ter en conta:  

  • A materia que escolleras como primeira lingua estranxeira non se poderá cambiar ata que remates a ESO. 
  • Podes elexir o cambio entre Relixión e Valores Éticos.
  • É impensable non cursar, por exemplo, Física e Química porque "non se me da ben" e despoís querer cursar un Bacharelato de Ciencias porque quero "ser médico". O sistema de acceso á Universidade vincula as materias que cursarás no teu centro a cada grao universitario. No seguinte enlace atoparás todos os graos se imparten no sistema universitario galego na actualidade. Se algún deles te interesa, fíxate nas materias de bacharelato onde aparece un 0,2. 

  • Hay materias que poden resultar interdisciplinares como as TIC (Tecnoloxías da información e a comunicación) ou o francés xa que a aprendizaxe de varias linguas estranxeiras pode axudarte a atopar un traballo con maior facilidade.

No hay comentarios: