miércoles, 7 de junio de 2017

CICLO SUPERIOR EN MECATRÓNICA. MODALIDADE DE FP DUAL

Dende o IES Universidade Laboral de Culleredo se nos informa da posibilidade de cursar o vindeiro curso un Ciclo Formativo de Grao Superior en Mecatrónica. A modalidade de formación será a FORMACIÓN DUAL o que implica a colaboración do citado centro educativo cunha empresa, en concreto "Hijos de Rivera. S.L." (Estrella Galicia).

O alumnado que rematou 2º de Bacharelato podería acceder. Deíxovos un enlace onde podedes atopar información sobre o proceso de admisión a esta modalidade de FP.


Ante calquera dúbida podedes dirixirvos directamente ao Departamento de Orientación do IES Universidade Laboral a través da seguinte conta de correo electrónico:

No hay comentarios: